Vicepresidencia conta en 2007 con 406 millóns de euros para consolidar a revolución tranquila dos asuntos sociais
A Vicepresidencia da Xunta dispón para o 2007 dun orzamento total de 405.916.041 euros, o que supón un 10,94% de incremento con respecto ao vixente exercicio. O vicepresidente da Xunta compareceu na Comisión 3ª do Parlamento de Galicia para expor e explicar os obxectivos prioritarios aos que se destinará este investimento.
Quintana afirmou que estes orzamentos servirán para consolidar a revolución tranquila dos asuntos sociais, que a Vicepresidencia emprendeu hai algo máis dun ano. Destacou como obxectivos imprescindibles en 2007 a mellora do benestar dos grupos máis desfavorecidos (persoas maiores, menores ou persoas con discapacidade), a promoción da igualdade e da corresponsabilidade da vida persoal e laboral, a loita contra a violencia de xénero e a mellora na atención ás vítimas, e por último, o pulo ao asociacionismo xuvenil e á participación da mocidade na elaboración das políticas xuvenís.
Secretaría xeral
En 2007, o orzamento para a Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais medra nun 18,38 por cento, correspondéndolle 25.202.758 euros. As prioridades deste departamento, segundo explicou o vicepresidente, centraranse na execución do Plan Integral de Mellora de centros residenciais da Xunta para persoas maiores (PIM), a posta en funcionamento do novo Rexistro de Convenios e a implantación da Carta de Servizos en todos os centros de servizos sociais da Xunta.
Quintana sinalou que o PIM suporá a creación de 1.140 prazas en centros residenciais para persoas dependentes nos vindeiros dous anos, 798 serán prazas de nova creación e 342 como resultado da adecuación de prazas para válidos en prazas para persoas dependentes. A implantación da Carta de Servizos en todos os centros de servizos sociais da Xunta mostran o propósito da Vicepresidencia de converter os asuntos sociais nun dereito dos cidadáns e non en unha cuestión de caridade paternalista por parte da Administración.
Pola súa banda, o secretario xeral e de Relacións Institucionais, Antón Losada, na súa comparecencia na mesma Comisión reiterou a importancia do Rexistro de Convenios, inscrito no proceso global de mellora dos mecanismos de transparencia na actuación da Administración Pública galega. Nel incluiranse todos os convenios que asine a Administración Autonómica, os seus organismos autónomos, os entes de dereito público, as sociedades mercantís con capital público maioritario da administración, as fundacións ou os consorcios, cuxos órganos de decisión estean integrados maioritariamente por representantes designados pola Xunta de Galicia. Así mesmo, neste rexistro, tamén se incluirán as prórrogas, modificacións, addendas ou acordos de resolución dos convenios.
Ata o de agora xa existía un rexistro de convenios na Secretaría Xeral de Relacións Institucionais, pero estaba infradotado de medios e tamén na súa capacidade de actuación, xa que só recollía os convenios aprobados polo Consello da Xunta, é dicir, aqueles que recollen obrigas plurianuais ou que superan a contía de 150 mil euros para un ano.
Con este novo modelo de rexistro, dáselle un xiro de 180 grados e convértese nun verdadeiro rexistro, tanto polo seu alcance -xa que incluirá todos os convenios, non só os que pasen polo Consello da Xunta-, como pola dotación de medios que vai ter. Antón Losada expuxo que este rexistro estará ao alcance de todo o público a través da rede. A relación de convenios inscritos no rexistro a os datos relativos ás partes asinantes, o seu obxecto, o seu financiamento e o prazo de vixencia, poderá ser consultado a través da páxina web da Xunta.
Igualdade
O presuposto destinado ás políticas de igualdade é o que experimenta o maior incremento de toda a Vicepresidencia, en concreto un 19,21% máis ca no presente ano, contando a Secretaría Xeral da Igualdade con 47.776.789 euros para 2007. Estas cifras confirman, tal e como explicou o vicepresidente, a prioridade que dende o primeiro momento mantén este Goberno coas políticas de igualdade, unha prioridade transversal que ocupa a todos os departamentos da Xunta e a todos os actores sociais e económicos de Galiza.
Anxo Quintana expuxo que no último ano xa se teñen dado pasos importantes en favor da igualdade, pero dixo que no 2007 cómpre afondar nesta estratexia iniciada. Quintana sinalou que se fará especial fincapé na corresponsabilidade empresarial, puxando por sensibilizar en maior medida ao mundo empresarial. Para acadar este obxectivo porase en marcha o Plan director de corresponsabilidade, ao que se dedican 280.000 euros. Outros 400.000 euros serán para axudas ao fomento da corresponsabilidade, mentres que 560.000 euros para accións que apoien e promovan a conciliación.
Á parte da execución de medidas, o vicepresidente reiterou que a consecución da igualdade real non será posible sen os servizos e equipamentos a disposición necesarios. Por iso, en 2007 se destinan máis de 10 millóns de euros ao desenvolvemento da Rede Galega de Galescola, o que supón un incremento superior ao 12% respecto do consignado neste 2006. Destaca ademais, por primeira vez, unha partida de 320.000 euros para apoiar a extensión destas infraestruturas nos centros de traballo. Ademais de estender a rede de escolas infantís tamén se traballará na execución do Plan de Calidade e Mellora Pedagóxica, cun incremento presupostario do 60%, que pretende a mellora do proxecto educativo, o incremento da calidade no servizo, o pulo á participación, o reforzo formativo dos profesionais e a inclusión das novas tecnoloxías.
A secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, pola súa parte, tamén destacou na súa comparecencia na Comisión 3ª a importancia de fomentar a corresponsabilidade e a implicación de toda a sociedade a prol da igualdade real de homes e mulleres. Á parte do Plan Director de Corresponsabilidade, Adán salientou tamén a posta en marcha en 2007 do Plano de Igualdade de Oportunidades, que aglutinará diferentes accións de socialización, dirixidas sobre todo aos axentes económicos e sociais. O obxectivo é incorporar o criterio de igualdade á xestión empresarial e á negociación colectiva, ao tempo que se fomenta e reforza o tecido asociativo das mulleres. Este plan contará un orzamento de 390.000 euros.
Carme Adán incidiu tamén, ao igual que o vicepresidente, na necesidade de continuar traballando na mellora dos recursos e servizos ás familias. Ademais do pulo da rede de Galescola, a secretaria de Igualdade explicou que en 2007 se desenvolverá o Programa de axudas a Familias Monoparentais -500.000 euros-, o Programa para Familias en situacións especiais -246.309 euros-, a Rede Canguros -490.000 euros- ou o Plan de Lecer para a Infancia -240.000 euros-.
Violencia de xénero
Dentro das políticas de igualdade, outro aspecto fundamental que destacaron Quintana e Adan é o de rematar coa violencia de xénero e reforzar a atención ás vítimas, centrándose en tres liñas de actuación: o reforzamento da prevención e da sensibilización (realización de campañas, colaboración cos medios) -cun orzamento de 333.000 euros-, o desenvolvemento dunha atención social integral (mediante a creación dunha especie de rede de mediadoras sociais e co Centro de Recuperación Integral ás Mulleres en situación de violencia) -con 530.000 euros- e a mellora da coordinación institucional, a través dun plan de formación específica para profesionais que atenden ás mulleres que sofren violencia de xénero.
No eido da loita contra a violencia de xénero enmárcase tamén a continuación do salario da liberdade, unha medida posta en marcha este ano polo Servizo Galego da Igualdade (SGI), un organismo que terá en 2007 un orzamento superior aos 10 millóns de euros, o que representa unha suba do 3% respecto deste ano. O salario da liberdade permitiu polo momento que máis de 200 mulleres acadaran a independencia económica respecto dos seus agresores, algo que se quere potenciar para o vindeiro ano con 950.000 euros. En 2007, o SGI adicará tamén 2,7 millóns de euros a consolidar a Rede Galega de Información ás Mulleres, integrada polos Centros de Información á Muller, os Puntos de Información á Muller municipais e os Centros de Información e Atención á Muller. Outros 2,5 millóns de euros aplicaranse a medidas para apoiar o autoemprego feminino.
Persoas maiores
A Secretaría Xeral do Benestar -coas direccións xerais de Acción Social e de Xuventude e Solidariedade- vai contar en 2007 cun investimento de 225.545.263 euros. O vicepresidente da Xunta manifestou como obxectivos principais desta secretaría o desenvolvemento dunha nova Lei de Servizos Sociais para Galiza, a implementación da Lei de Dependencia en Galiza, o desenvolvemento do Mapa Galego de Servizos Sociais, a posta en marcha do Consorcio Galego de Servizos Sociais de Igualdade e Benestar e a posta en funcionamento da Sociedade Galega de Servizos Sociais (Sogaserso).
A Dirección Xeral de Acción Social absorbe o 70,6% do orzamento da Vicepresidencia para o 2007, recibindo 210.848.001 euros, preto dun 10% máis que no presente ano 2006. Este departamento centra boa parte do seu traballo nas políticas para as persoas maiores, tendo en conta que máis do 21% da poboación de Galiza ten máis de 65 anos. O obxectivo da Vicepresidencia é mellorar a calidade de vida dos nosos maiores, logrando que o estado do benestar chegue realmente a eles. Tal e como explicou Quintana, o incremento do número de prazas residenciais de titularidade pública será unha das actuacións principais, ben mediante a creación de centros propios ou ben a través de concertos con entidades prestadoras de servizos sociais, para o que van máis de 82 millóns de euros. Neste apartado, o vicepresidente destacou os logros acadados xa neste tempo de goberno, posto que no último ano se reduciu en máis de mil persoas a lista de espera para acceder a unha praza residencial pública. Galiza conta na actualidade con preto de 5.600 prazas públicas en residencias, o que supón 0,95 prazas públicas por cada 100 persoas maiores de 65 anos, mellorando de xeito considerable o herdado do Executivo anterior, que se atopaba en 0,89 prazas públicas por cada 100 maiores.
Outra actuación prioritaria no eido dos maiores será a mellora do sistema de axuda a domicilio e o establecemento de medidas de apoio aos coidadores familiares, así como a creación da Rede Pública de Transporte Adaptado de Galiza. Cómpre ter en conta que o 065 social constituirá un servizo vital para as persoas con dificultades de mobilidade nun territorio no que se conta con máis de 35.000 núcleos de poboación. A posta en marcha da Rede Pública de Centros de Día para Enfermos de Alzheimer e outras demencias será outra das actuacións fundamentais. Trátase dunha rede pública que estará integrada por 11 centros, un en cada unha das grandes cidades galegas, ademais das localidades de Moaña, Ribeira, Porriño e Monforte. Os programas a prol dun envellecemento activo convértense noutro dos eixes básicos de Acción Social, abarcando dous tipos de actuacións: programas destinados á educación para a saúde, o autocoidado e a nutrición, e por outra banda, aqueles orientados ao lecer creativo.
Menores
No relativo ás políticas para menores, o vicepresidente da Xunta manifestou que este eido require dun proceso decidido de modernización e desenvolvemento de novas infraestruturas, non só residenciais, senón sobre todo doutro tipo de servizos que se centren na prevención das situacións de risco e de desamparo dos menores. Anxo Quintana sinalou que se vai pór en marcha un programa de modernización dos servizos deste eido, a través da informatización e uso das novas tecnoloxías na xestión e interconexión dos distintos centros. Unha das medidas máis relevantes será a implantación do expediente único para todas as Administracións implicadas no eido dos menores, establecendo unha canle de comunicación entre todas elas a través do Rexistro Unificado de Maltrato Infantil (RUMI). Outra prioridade será a posta a disposición dos recursos máis efectivos, preparados especialmente para atender calquera situación de urxencia, polo que se executarán novas infraestruturas de primeira acollida.
Pola súa parte, na súa comparecencia na Comisión 3ª, a secretaria xeral do Benestar, María Xesús Lago, destacou especialmente, igual que Quintana, a importancia que no vindeiro ano terá a área de menores, dentro das políticas de Vicepresidencia. Ademais do proceso de informatización e modernización dos servizos, Lago explicou que en 2007 se reforzarán os recursos e infraestruturas para a atención en situacións de urxencia. Para este fin, poranse en marcha en 2007 novas infraestruturas de primeira acollida, coa creación de dous centros de atención integral (un na zona norte de Galiza e outro na zona sur), para o que se achegan 1.200.000 euros. Co fin de desenvolver medidas educativas e socializadoras en contornos de intervención adecuados, vaise crear tamén un Centro Terapéutico con capacidade para dar tratamento especializado a estas especialidades (terá un orzamento de 1.230.000 euros). A secretaria xeral do Benestar destacou que os fondos destinados a construír novas infraestruturas de atención experimenta un incremento do 694,5%.
En materia de adopcións, María Xesús Lago explicou que é preciso mellorar os procesos de xestión para axilizar os procedementos e potenciar a integración dos menores nas familias. Un dos obxectivos clave é a creación da Axencia Galega do Menor, tratando nel de centralizar a xestión de todos os aspectos administrativos do proceso de adopción. Investiranse 1.050.000 euros para a posta en marcha deste organismo, cuxos primeiros cometidos serán os de definir un novo protocolo de actuación dos equipos de avaliación de idoneidade e a creación dun sistema de xestión informatizada dos servizos de adopción internacional.
Persoas con discapacidade
En canto ás persoas con discapacidade, Quintana lembrou que en Galiza existen unhas 230.000 persoas con algún tipo de discapacidade, ás que é imprescindible garantirlles plenamente os seus dereitos. O investimento en centros de atención a persoas con discapacidade pasa de 1,4 millóns de euros a 2,4 millóns, mentres que os fondos para a colaboración con entidades de iniciativa social para atender a persoas con discapacidade intelectual increméntase tamén en 8 millóns de euros.
Entre outras, en 2007 tamén se prevé poñer en marcha outras actuacións neste eido, como a aprobación da Lei de Linguaxe de Signos, a elaboración do Plan Integral para Persoas con Diversidade Funcional, a elaboración do Programa Galego de Accesibilidade e a creación da primeira unidade de emerxencia para a atención de persoas con discapacidade.
Atención primaria e inclusión social
Vicepresidencia pretende impulsar a estruturación dun sistema de servizos sociais asentado sobre a atención primaria, que sexa capaz de anticiparse ás situacións de dependencia e exclusión. Con este obxectivo, refórzase en 2007 a atención primaria municipal, cun incremento orzamentario na dotación básica dun 16%. As aplicación destinadas ao mantemento destes servizos municipais ascenden a 20 millóns de euros, aos que se lle engaden 1.840.000 euros do programa de mantemento de centros de día, xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Dende Benestar ponse en marcha en 2007 un novo Plan de Inclusión, dotado de 4,9 millóns de euros, incrementándose así nun 46%. O novo plan traerá consigo o incremento dos equipos técnicos, a cobertura territorial, as dotacións materiais e o deseño de itinerarios personalizados de inserción sociolaboral. Preténdese así dotar a cada usuario en situación de exclusión dunha oportunidade real e adaptada ás súas circunstancias para incorporarse á cidadanía activa e normalizada.
No vindeiro ano, Quintana expuxo tamén a implantación efectiva das novas contías da Renda de Integración Social de Galiza (Risga), que acadarán agora un 75% do IPREM (que se fixa a finais de ano). Desta maneira, os cartos destinados para a RISGA medran case nun millón de euros, mentres que os destinados ás axudas para situacións de emerxencia social fanno en 600.000 euros.
Xuventude
Para o ano 2007, tal e como expuxo o vicepresidente, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado -dentro da Secretaría Xeral do Benestar- contará cun orzamento de 14.697.262 euros, un 10,53% máis que en 2006 e un investimento que representa o 5% do orzamento total da Vicepresidencia.
Con esta partida, a Vicepresidencia pretende ofrecerlle á mocidade galega as garantías necesarias para poder vivir dignamente o presente en Galiza e asegurarlles ao mesmo tempo un futuro digno no noso país. Segundo Quintana, acabou o tempo das políticas moralizantes e paternalistas cara a xuventude para dar paso ás políticas participativas e próximas á xente moza. En 2007 búscase avanzar no coñecemento da realidade da mocidade actual en Galiza para deseñar así unhas políticas que respondan efectivamente ás súas necesidades e prioridades. Para isto, realizarase un estudo pormenorizado dos mozos e mozas do país.
Formularase ademais unha política xuvenil transversal, que responda aos diversos eidos que configuran o mundo xuvenil. Neste senso, prevese aprobar o vindeiro ano a Lei de Xuventude de Galiza, e igualmente no campo da solidariedade, a nova Lei de Voluntariado e o vindeiro Plan Galego de Voluntariado. En calquera caso, Quintana insistiu en que todas as medidas e políticas para os mozos deben ir sempre acompañadas da súa participación e consenso, polo que se traballará na mellora das canles de participación dos mozos na toma das decisións que lles afectan. Neste sentido, poranse en marcha novos centros Quérote, ao igual do que xa funciona en Compostela. Vicepresidencia impulsa as novas infraestruturas para continuar así a mellorar a información en materia afectivo-sexual para os mozos e mozas de toda Galiza e debido tamén ao éxito que está tendo o centro de Santiago (nos cinco meses que leva en funcionamento, recibiu máis de 800 chamadas).

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia