O Concello da Coruña súmase ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Así o rubricaron en María Pita o alcalde, Javier Losada, e o Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, no marco dun protocolo de colaboración no que o municipio expresa a súa intención de adoptar xa o acordo de integración no Consorcio na primeira sesión ordinaria do pleno local. A Coruña será así a terceira gran cidade galega, tras a incorporación de Pontevedra e de Santiago, en sumarse a este órgano no que xa están máis dun cento de municipios.
A Coruña é a primeira das sete grandes cidades galegas coas que a Vicepresidencia subscribe este protocolo. Pontevedra e Santiago –xa integradas no Consorcio– asinarán os seus correspondentes protocolos nos próximos días, e nesta mesma semana está previsto que estean ultimados os que se rubricarán con Vigo e Lugo. A Vicepresidencia segue a negociar con Ourense e Ferrol para que se integren neste ente no que xa van estar presentes as outras urbes do país. O obxectivo da Vicepresidencia é que todos os concellos de Galiza entren a formar parte do Consorcio.
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, constituído o pasado 3 de xullo entre a Vicepresidencia e diversos concellos galegos, supón unha fórmula innovadora de xestión no eido das políticas de provisión de servizos sociais e ten como misión primordial a participación na dirección, avaliación e control da xestión dos servizos sociais de ámbito local no ámbito territorial dos entes consorciados.
Estabilidade e equilibrio territorial
Ao termo da sinatura, Anxo Quintana destacou o importante papel que está chamado a xogar o Consorcio como garante da responsabilización pública e a cooperación interadministrativa na prestación dos servizos sociais, establecendo así un sistema de colaboración estable entre a Xunta e os concellos. En palabras do vicepresidente, este ente fará posible acabar coa precariedade no mantemento dos recursos sociais, que abocaba aos concellos a mendigar ano tras ano para lograr o financiamento preciso para seguir prestando estes servizos. No marco do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar estúdanse as demandas dos concellos galegos na área dos servizos sociais, e a través del canalízanse axudas para a creación de novos centros e recursos, ao tempo que se garante a estabilidade no financiamento para o mantemento das instalacións e dos servizos que prestan.
Segundo Quintana, o Consorcio permitirá cambiar dunha vez por todas o modelo de prestación dos servizos sociais, caracterizado ata o momento pola súa oferta insuficiente, o carácter fragmentario e descontinuo na xestión e na cobertura territorial, e pola a falla de mecanismos efectivos de coordinación entre os sistemas de protección social. Neste senso, para o vicepresidente o consorcio “é o buque insignia da revolución tranquila dos asuntos sociais que se impulsa dende a Vicepresidencia”.
O vicepresidente explicou que o Consorcio vai servir para implantar un modelo homoxéneo de prestación de servizos sociais que garanta o acceso de todos os galegos e galegas a uns servizos sociais públicos de calidade, a través dunha oferta de recursos suficiente e equilibrada territorialmente. Neste senso, dixo Quintana, “permitirá acabar coas diferenzas que dividen aos cidadáns en galegos de primeira, con máis e mellores servizos, e galegos de segunda, que non teñen acceso aos recursos sociais”.
A través do Consorcio búscase ademais o incremento dos niveis de cobertura, intensidade e horario de atención dos distintos servizos e prestacións. Trátase, en definitiva, de facer unha distribución efectiva dos servizos e prestacións, a fin de dar resposta ás necesidades reais da poboación, asignando equitativamente o uso e acceso aos recursos sociais dispoñibles a través de procesos de planificación previa e tendo como principio de actuación o mantemento das persoas no seu entorno propio.
As previsións da Vicepresidencia son que o Consorcio faga posible a construción de máis dun centenar de novas escolas infantís nos próximos dous anos e de máis de 70 novos centros na área do benestar, entre residencias, miniresidencias, centros de día para a terceira idade e centros de atención á discapacidade. Prevese que o Consorcio poida xerar máis de 4.000 empregos nos distintos concellos implicados na súa actividade: 2.000 postos de traballo directos na área de igualdade e máis de 300 indirectos no ámbito do benestar.
Máis recursos
No protocolo asinado, a Vicepresidencia tamén expresa a súa vontade de mellorar o financiamento dos servizos sociais municipais e de artellar os instrumentos e mecanismos necesarios para incrementar os recursos recibidos polo Concello da Coruña para a prestación destes servizos, coa intención de que este incremento se materialice xa neste ano 2006 e se consolide nos próximos anos.
A Vicepresidencia e o Concello queren colaborar ademais para levar a cabo varios programas para a construción, mantemento e xestión de catro escolas infantís, cinco centros de día, dúas residencias para maiores e un centro día para a atención de persoas que sofren alzheimer, que as dúas administracións se marcan como obxectivos a acadar de aquí ao 2010.
En materia de recursos sociais, Anxo Quintana eloxiou o esforzo feito polo Concello da Coruña nos últimos quince anos para a construción e mantemento da rede de centros cívicos. A este respecto, o protocolo de colaboración recolle tamén a intención da Vicepresidencia de cofinanciar a construción de catro novos centros cívicos nos próximos tres anos.
Visita
No marco da súa visita á cidade, Anxo Quintana tamén se desprazou ata o Centro de Formación da Federación de Xordos e ata as instalacións da Federación Galega de Alzheimer.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia