Traballo facilita a contratación de máis de 960 desempregados para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social a través dos programas de cooperación
A Consellería de Traballo subvencionou no que va de ano, contratación de máis de 200 axentes de emprego, con 53 unidades de apoio e a máis de 700 desempregados a través dos Programas de Cooperación, a diversas administracións públicas distintas da local, ás tres universidades e a un gran número de entidades sen ánimo de lucro. Nese senso, o departamento que dirixe Ricardo Varela aportou case 21 millóns de euros.
Os programas de cooperación teñen por obxecto fomentar o emprego, no ámbito da colaboración coas entidades citadas, a través da subvención da contratación de traballadores desempregados para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social. O obxecto é mellorar a súa empregabilidade a través da adquisición de experiencia profesional que lles permita a súa inserción no mercado de traballo, por conta propia ou allea.
A subvención consiste nunha contía equivalente aos custos salariais e de Seguridade Social, incluída a cotización por desemprego, dos traballadores e das traballadoras que se van contratar durante un período de ata doce meses.
As persoas beneficiarias destas contratacións tiñan que ser desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, tendo preferencia os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral, como: as mulleres, en especial, as que acrediten a condición de vítimas de violencia; os menores de 30 anos, destacando, as persoas demandantes do primeiro emprego, demandantes con máis de seis meses en desemprego ou aqueles e aquelas sen cualificación profesional; os parados de longa duración; as persoas discapacitadas; as persoas desempregadas maiores de 45 anos.
Outros colectivos que tamén se puideron beneficiar destas axudas son os integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente beneficiarios/as da renda de integración social de Galicia e mulleres que abandonasen o exercicio da prostitución como medio de vida.
A contratación destes traballadores desempregados implica a participación e colaboración dun amplo abano de entidades que son as que, en definitiva, realizan os contratos coa subvención concedida. A tipoloxía de entidades que colaboran é moi variada, van desde entidades públicas como as Universidades, o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), o Servizo Galego de Igualdade, a Fundación Deporte Galego, a Fundación Galicia Emigración, a Fundación Galega para a Tutela de Adultos, o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a Compañía de RTVG e o Consello da Xuventude de Galicia, entre outras ata un gran número de entidades non lucrativas que atenden a colectivos moi diversos.
Os servizos a realizar polos desempregados deberán ser de interese xeral e social, e entre as máis frecuentes están os servizos de carácter social e de atención a colectivos desfavorecidos, os de promoción cultural e dinamización do deporte, os de fomento da cultura emprendedora, así como os servizos de promoción turística, os de asesoramento para o medio rural, os servizos de programas tecnolóxicos e de I+D+i, os de dinamización veciñal e s de fomento do asociacionismo.
O papel dos axentes de emprego
Por outra banda, un dos principais instrumentos impulsados pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo, para apoiar a creación de empresas, é a figura dos Axentes de Emprego que axudan a dinamizar iniciativas empresariais, coa participación das asociacións empresariais e sindicais, as universidades e os representantes da sociedade civil.
Dentro dos máis de 200 axentes de emprego subvencionados, 33 foron contratados polas tres universidades galegas para formar parte dos “Servizos de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego”, e traballar nos sete campus universitarios de Galicia para fomentar o emprendemento e espertar vocacións empresariais no ámbito universitario, resaltando a importancia das iniciativas emprendedoras no desenvolvemento socioeconómico de Galicia en prol da xeración de emprego e riqueza, así como o asesoramento e a orientación cara ao desenvolvemento profesional e laboral dos universitarios.
Esta figura dos Axentes de Emprego é complementaria á dos Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), que tamén son subvencionados pola Consellería de Traballo e veñen a realizar as mesmas funcións, neste caso en entidades locais.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia