Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Vanse restaurar catro cruceiros e un peto das ánimas na provincia de Lugo

Cun investimento de 34.408€, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte vai restaurar catro cruceiros e un peto de ánimas da provincia de Lugo, antes de que remate o presente ano.

Estes elementos patrimoniais, que sufriron danos en accidente ou desgastes ó longo do tempo, son:

Cruceiros:

Saavedra (Begonte). Reconstrución. Custo: 5.568 €
Castelo (Taboada). Restauración. 5.800 €
Amoexa (Antas de Ulla). Reconstrución. 10.440 €
Ludrio (Castro de Rei). Cruz de Sumedo. Reconstrución. 4.640 €

Peto de ánimas:

Trasar de Carballo (Carballedo). Restauración. 6.960 €.

Os traballos están xa sendo efectuados pola empresa especializada Tau Restauración,  de Santiago de Compostela.

Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia en Lugo