O 17'72% das vivendas galegas son en propiedade con hipoteca en 2005
Enquisa das condicións de vida dos galegos (Instituto Galego de Estatística-IGE): O 41,15% das vivendas galegas teñen unha superficie entre 61 e 90 m2 no ano 2005. A dita porcentaxe é similar á observada en 1999, 41,68%. A maior diferenza porcentual entre os dous anos prodúcese nas vivendas de máis de 120 m2, que experimentan un aumento de case 7 puntos ao variar desde un 12,61% en 1999 a un 19,26% en 2005. A superficie media das vivendas galegas en 2005 é de 103 m2. Por provincias, Lugo presenta a maior media, mentres que Ourense ten a menor.
O 48,72% das vivendas galegas son do tipo unifamiliar independente en 2005. A dita porcentaxe é similar á observada en 1999, 48,51%. Neste período a maior diferenza prodúcese nas vivendas en edificios con 10 ou máis vivendas, que soben do 23,98% en 1999 ao 29,04% en 2005.
O 44,73% das vivendas galegas teñen entre 20 e 49 anos no ano 2005. Como dato significativo sinalaremos que o 29,14% ten máis de 50 anos e o 2,20% menos de 5 anos.
Se calculamos a antigüidade media, observamos como esta é de 43 anos para Galicia, mentres que por provincias a maior media é a de Lugo con 59 anos, e a menor a da Coruña e Pontevedra con 40 anos.
O 17,72% das vivendas galegas son en propiedade con hipoteca en 2005. A dita porcentaxe supón un aumento con respecto a 1999, que era do 13,23%. Con respecto ás vivendas en propiedade sen hipoteca, a porcentaxe en 2005 é do 67,59%, porcentaxe levemente superior á observada en 1999, 65,93%. Tamén destacamos a caída na porcentaxe das vivendas en aluguer sen mobles, o 10,64% en 1999 polo 5,67% en 2005.
Por provincias, Ourense ten a máis alta porcentaxe de vivendas en propiedade sen hipoteca, cun 80,21%, polo 62,71% de Pontevedra, a menor porcentaxe de Galicia.
Pola contra, Pontevedra presenta a máis alta porcentaxe de vivendas en propiedade con hipoteca, cun 21,39%, e Ourense a menor, cun 11,02%.
O 51,30% dos fogares galegos con hipoteca considera unha carga pesada os gastos totais da vivenda en 2005.
A dita porcentaxe é levemente superior á observada no ano 1999, 49,83%. Se se consideran os fogares que teñen a súa vivenda en aluguer, a porcentaxe dos que os gastos totais lles supoñen unha carga pesada alcanza o 49,14% en 2005, polo 45,39% de 1999.
O 49,93% dos fogares galegos teñen recollida selectiva de lixo en 2005.
O 72,60% dos fogares galegos dispoñen de canalización pública de augas residuais en 2005, porcentaxe similar á observada en 1999, 72,93%.
No tocante á recollida de lixo, esta alcanza o 97,12% dos fogares, con recollida selectiva o 49,93%. Ambas porcentaxes son máis altas que as observadas en 1999, 94,52% e 48,66%, respectivamente.
No tocante á iluminación exterior, a porcentaxe é do 97,25%, practicamente similar á de 1999, 97,42%.
O 98,17% dos fogares teñen unha farmacia a menos de 15 minutos, ou ben a pé ou ben por algún medio de locomoción, no ano 2005.
Se consideramos o centro de saúde, a porcentaxe alcanza o 96,95%, mentres que para a gardería pública baixa ata un 78,06%, e para biblioteca pública, a porcentaxe para 2005 é do 87,89%.
Por provincias, Lugo é a que presenta as menores porcentaxes, un 74,30% para biblioteca, un 66,37% para gardería pública e un 85,32% para instalacións deportivas.
O 24,33% dos fogares galegos teñen lavalouza e un 56,00% microondas en 2005.
As ditas porcentaxes son claramente superiores ás que había en 1999, un 16,59% para lavalouza e un 23,89% para microondas.
A porcentaxe de fogares con cadea de música tamén aumenta dun 46,27% en 1999 ata un 57,81% en 2005. Con respecto aos fogares que teñen radio, a porcentaxe de 2005, 89,40%, é practicamente similar á do ano 1999, 89,16%.
A porcentaxe de fogares con teléfono fixo experimenta unha baixada significativa, en 2005 é do 82,61% polo 89,92% en 1999.
Se analizamos os datos por tipo de fogar, as porcentaxes máis altas prodúcense nos fogares nos que algún membro ten 15 ou menos anos, salvo no teléfono fixo que presenta unha máis alta porcentaxe, 85,81%, nos fogares nos que todos os membros teñen 65 ou máis anos.
O televisor segue sendo un dos equipamentos que está presente en máis fogares. Así temos que só o 1,06% dos fogares galegos non teñen televisor, porcentaxe inferior á observada en 1999, 2,29%. A porcentaxe de fogares con dous televisores, 41,51%, é superior á de fogares con un, 37,46% en 2005, feito que non sucedeu en 1999. Tamén é notable o aumento da porcentaxe dos fogares que teñen tres, o 10,12% en 1999 polo 19,97% en 2005.
Con respecto a outros equipamentos, o 10,57% dos fogares galegos dispoñen de canle de pagamento en 2005, porcentaxe lixeiramente superior á do ano 1999. Tamén é levemente superior a porcentaxe dos fogares que dispoñen de vídeo, o 53,82% en 2005.
Nesta edición da ECV recóllense por primeira vez datos referentes a dvd, cámara de fotos e videocámaras. Así, no 46,01% dos fogares existe algún dvd, o 52,52% teñen cámara de fotos e o 14,17% videocámara.
A porcentaxe de fogares con ordenador experimenta un crecemento maior do 100% no período 1999-2005.
A porcentaxe pasa dun 19,95% en 1999 ao 40,47% en 2005. Aínda máis importante é o crecemento na porcentaxe de fogares con conexión a internet. En 1999 só o 3,02% dos fogares tiña conexión, mentres que a porcentaxe en 2005 é do 21,47%.
Por provincias, son A Coruña e Pontevedra as que presentan as maiores porcentaxes de fogares que teñen ordenador, 44,52% e 45,24%, respectivamente, e dos que teñen conexión a internet, 24,66% e 24,56%.
A porcentaxe de fogares sen coche experimenta unha lixeira diminución no período 1999-2005.
Así, o 26,18% dos fogares galegos non teñen coche en 2005 polo 29,08% en 1999.
Por outra banda, aumenta a porcentaxe de fogares con tres ou máis coches, pásase dun 3,33% en 1999 ata case o dobre, un 6,40% en 2005.
Un 26,84% das vivendas de Galicia sofren problemas de humidades.
A porcentaxe é inferior á do ano 1999, que era do 39,40%.
Un 15,65% das vivendas manifestan problemas de ruídos exteriores, un 15,34% contaminación e un 14,27% delincuencia en 2005, todas as porcentaxes son inferiores ás experimentadas en 1999.
Por provincias, as diferenzas son notables. Así, para as humidades Lugo e A Coruña, cun 33,84% e un 31,21%, respectivamente, son as que presentan as porcentaxes máis altas.
Para ruídos exteriores, luz natural insuficiente, contaminación e delincuencia, non obstante, son A Coruña e Pontevedra as que teñen as porcentaxes maiores, sempre en 2005.
O 1,50% das vivendas galegas poden considerarse con deficiencia grave en 2005.
A dita porcentaxe presenta unha mellora coa observada en 1999, 3,12%.
Considérase vivenda con deficiencia grave aquela que ten simultaneamente problemas de goteiras, humidades, podremia en solos ou ventás e deficiencias de illamento térmico e/ou acústico.
Un 7,65% das vivendas galegas teñen problemas de sobreocupación (cando hai máis persoas que habitacións na vivenda) en 2005, porcentaxe que é máis baixa cá do ano 1999, 9,55%.
No caso de deficiencia grave, por provincias a maior porcentaxe dáse en Pontevedra cun 2,01%, mentres que a menor é a de Ourense cun 0,61%.
Se consideramos a sobreocupación, a maior porcentaxe preséntase novamente en Pontevedra cun 8,99%, mentres que a menor se observa en Ourense cun 3,95%.
Para máis información:
Publicacións relacionadas
Enquisa de condicións de vida das familias. Principais resultados. Ano 2005
Enquisa de condicións de vida das familias. Características básicas dos fogares. Ano 2005 (próxima publicación)

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia