Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Movemento Bíblio Diocesano cumpre 25 años de presencia en Lugo

Coincidindo con este evento celébranse de xeito solemne os 25 anos dun movemento que se orixinou coa pretensión de achegar a todos o mundo da Bíblia, mediante o estudio dos seus textos. Para elo organizaronse cursos, distribuidos en tres anos, cunha periodicidade quincenal, os venres,  en sesións de dúas horas. Son moitos os lucenses que xa participaron neles ó longo desta dilatada etapa.
Para conmemora-los vintecinco anos de existencia, presentarase neste día un número especial de Génesis, unha publicación da que saíron á luz nove números, ata os anos oitenta. Trátase de recupera-lo significado que tivo esta publicación entre os interesados por profundizar na Biblia. No novo número participan profesores, alumnos aportando o seu testemuño e facendo historia do Movemento Bíblico Diocesano.
Os actos terán lugar durante toda a mañá do sábado, contando coa presentación dun traballo dun participante no primeiro grupo no ano 1978, e prolongaranse na sobremesa, onde o sacerdote Xosé Manuel Carballo realizará unha función de ilusionismo e outras actividades lúdicas.
Orde do día:
• Comenzará ás 10:30 coa recepción y café.
• Ás 11:00 saúdo e oración.
• Presentación do traballo por un participante no primeiro grupo do ano 1978.
• Ás 11:45, diálogo en grupo.
• Eucaristía ás 13:15

• E comida fraterna ás 14:30.

 

 


 
 
 
 
 
 



 
Medios de Comunicación Obispado de Lugo