Nova visita da Policía Nacional á gardeiría do Milladoiro
Esta intervención foi ordenada pola Delegación do Goberno, a cal, en resposta ás denuncias da ANPA do centro, resolveu recentemente que as cámaras alí instaladas sen o coñecemento dos usuarios e as traballadoras do mesmo non se corresponden cun sistema de seguridade, tal como nos quería facer crer Asunción Varela, máxima responsable da súa colocación.
Esta resolución foille remitida polos pais ao fiscal encargado do caso, quen considerou o documento de moito interese. Nestes momentos estanse agardando os últimos informes solicitados polas partes e a declaración das testemuñas da defensa para determinar se hai indicios de delicto na actuación da directora e a subdirectora do centro.
Agardamos que en breve se dean novas do proceso xudicial que axuden a esclarecer as circunstancias reais desde grave suceso, xa que pola vía administrativa a principal responsable, a Xunta de Galicia, prefire mirar para outro lado.

Susana Mayo Redondo (Asociación de Nais e Pais da Gardería Teiraboa)