Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Cumio técnico do Fondo Galego en Baiona

Nesta Comisión participan representantes técnicos de diferentes entidades locais e provinciais con experiencia na avaliación de proxectos. En concreto, nesta convocatoria se inclúen técnicos da Deputación de Pontevedra, dos concellos de Arteixo, Baiona, Vigo, Lugo, e o persoal especializado da Secretaría do Fondo Galego, exercida polo Igadi. A reunión estará presidida por Marta Iglesias, responsable de proxectos e concelleira en Culleredo.
A convocatoria anual de axudas do Fondo Galego pechouse o pasado 31 de marzo. O dictame da Ponencia Técnica será discutido pola Comisión Executiva do Fondo e sometido á Asemblea xeral de socios nun encontro que debe celebrarse o próximo 14 de Maio en Santiago de Compostela, na sede da FEGAMP.
A través desta convocatoria, as diferentes ONGs formulan os seus proxectos e concretan as posibilidades de obter financiamento das entidades locais e provinciais galegas para contribuir ao desenvolvemento dos países do Sur. Esta é a séptima convocatoria que realiza o Fondo Galego. En total, leva financiado 45 proxectos, maiormente no área de Centroamérica.
Máis información: info@igadi.org.
Igadi