Adega premia ó alcalde Bugallo e ó voluntario Sven Schwebsch
A Delegación de Compostela da Asociación para Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) ven de anunciar, con motivo do Dia da Terra, os agraciados cos IV Prémios Dioxina e Oxíxeno à Pior e Mellor Actuación Ambiental. Este ano recaíron, respectivamente, no alcalde de Santiago de Compostela e no voluntário Sven Schwebsch. Os prémios serán entregues nunha ceia a celebrar o vindeiro 8 de Maio.
ADEGA-Compostela, que desde hai quatro anos celebra o Dia da Terra coa antrega dos Prémios Dioxina e Oxíxeno, decidiu, na sua Asembleia Ordinária do pasado 14 de Abril que estes recaian en Xosé A. Sánchez Bugallo e Sven Schwebsch, respectivamente.
OIV Prémio Dioxina à Pior Actuación Ambientalfoi-lle outorgado ao alcalde de Santiago de Compostela,Xosé A. Sánchez Bugallopola sua actuación na tomada de decisión sobre o futuro do tratamento dos Resíduos Sólidos Urbanos (RSU) xerados no termo municipal que governa. O alcalde de Santiago distinguíu-se neste proceso por ignorar às organizacións ecoloxistas de Compostela e à Plataforma Cidadá pola Compostaxe, asi como por non se preocupar nen de implicar à cidadania nen de consultar a sua opinión na procura dunha solución a un problema de grande relevo ambiental e social. Xosé A. Sánchez Bugallo desprezou às organizacións sociais e ao conxunto da cidadania e manipulou a información para, finalmente, fazer pública a que desde un comezo fora sua decisión: optar por SOGAMA para o tratamento dos RSU xerados no termo municipal de Santiago de Compostela. A solución non foi tal. O problema do lixo agravará-se ao se inclinar o Concello, co seu alcalde à cabeza, por unha opción ecoloxicamente insustentável e socialmente inxusta.
OIV Prémio Oxíxeno à Mellor Actuación Ambientalrecaiu enSven SchwebschdeVoluntário Libre, que continua a desenvolver un importantísimo labor de retirada de chapapote no Concello de Carnota. O voluntário alemán Sven Schwebsch está a traballar en Carnota retirando fuel desde o comezo da catástrofe do Prestige, nese concello leva coordenado centenares de voluntári@s.

Xosé María García Villaverde (Secretario de Adega-Compostela)