Sánchez Bugallo, candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, presenta unha candidatura para gobernar
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, candidato á reelección polo PSdeG-PSOE, presentou ó Comité Local e someteu á Asemblea Local a lista da súa candidatura cara ás eleccións do 27 de maio.
É a primeira lista electoral completa que se presenta en Santiago. Unha candidatura sen fisuras, homoxénea que garante todas as áreas de goberno coa mesma eficacia que os socialistas veñen desenvolvendo en Compostela nos últimos anos. Unha lista preparada para gobernar e satisfacer as demandas e necesidades de todos os composteláns. A candidatura, que podemos considerar con ampla experiencia, dado os bos resultados que para a cidade tivo o goberno presidido por Sánchez Bugallo nos últimos oito anos, integra novos profesionais que achegarán a necesaria renovación que toda acción de goberno precisa para non estancarse. O Alcalde manifestou que na acción de goberno do próximo mandato se vai prestar atención prioritaria a área social, como pon de manifesto a presenza no número dous da lista da persoa elixida, a doutora Mar Martín.
A candidatura de Sánchez Bugallo ofrece a imaxe da experiencia consolidada e a da renovación que Compostela, unha cidade en permanente evolución, necesita para seguir progresando. Ó mesmo tempo é a candidatura que integra maior número de mulleres preparadas para gobernar.
Na súa exposición á militancia, Sánchez Bugallo salientou que “temos un estilo propio de facer política baseado no consenso e no respecto ó acordo institucional” e esta é unha candidatura para seguir nese camiño, que tan bos resultados achegaron á vida institucional de Compostela. “Esta é unha candidatura preparada para gobernar co espírito de consenso que nos caracteriza”.
De seguido manifestou que aínda hai moito que facer porque “Compostela é unha cidade viva, para vivir é traballar e nós temos os proxectos adecuados para seguir progresando”. Logo de realizar un balance do executado no presente mandato e de agradecer a todos os compañeiros e compañeiras o esforzo e o traballo desempeñado, anunciou que o seu programa de goberno xa está en proceso de redacción, “tendo en conta o profundo coñecemento que temos da realidade compostelá, un programa serio, adecuado ás necesidades e ás posibilidades de execución”. Será, dixo, “un programa de goberno realista e realizable, do xeito que o foron os anteriores prestando especial atención a acción social, como demanda a cidadanía”.
A candidatura integran 12 mulleres e 12 homes, ademais do alcalde, Xosé Antonio Sánchez Bugallo. Nos primeiros quince postos figuran 7 mulleres, das que dúas son novas incorporacións. O perfil dos candidatos socialistas é de home/muller, profesional liberal ou vinculado ás administracións e con experiencia na xestión pública ou privada.
MEMBROS DA CANDIDATURA
1.- XOSÉ ANTONIO SÁNCHEZ BUGALLO
Alcalde de Santiago de Compostela desde 1998. Forma parte da Corporación desde 1987, na que desempeñou responsabilidades políticas na práctica totalidade das concellerías. Entre 1991 e 1995 foi Deputado Provincial en representación de Compostela, asumindo a delegación de Persoal e Réxime Interior na Deputación da Coruña.
2.- MAR MARTÍN GARCÍA
Licenciada en Medicina, Universidade Autónoma de Madrid. Saúde Laboral e Medicina de Empresa. Na actualidade é Asesora no Gabinete da Conselleira de Sanidade no Plan da Muller. Responsable da Secretaría da Muller da Federación de Asociacións para A Defensa da Saúde Pública. Vicepresidenta e responsable do programa VIH-SIDA e Muller da Federación de Planificación Familiar de España. Portavoz da Plataforma Sociosanitaria de Santiago.
3.- BERNARDINO RAMA SEOANE
Técnico de Son Radiofónico. Ex-presidente da Agrupación de Deportistas Veteranos de Santiago.Foi concelleiro de Deportes no mandato 99-03. Concelleiro Delegado de Infraestruturas e Equipamentos. Delegado de Servizos Básicos (Auga, saneamento e alumeados) 6º Tenente de alcalde no mandato 2003-07.
4.- MERCEDES ROSÓN FERREIRO
Subdirectora da Área de Cultura do Vicerrectorado de Extensión Cultural da Universidade compostelá. Concelleira Delegada de Rehabilitación Casco Histórico. Delegada de Centros Socio Culturais.
5.- ANDRES FARIÑA CADENAS
Licenciado en Ciencias Empresariais (Facultade de Económicas de Santiago de Compostela) Profesor de Ensino Secundario no Instituto Xelmirez I. Foi Subdirector Xeral de Pesca en la Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no Goberno de González Laxe. Concelleiro do Grupo Socialista en Santa Uxía de Ribeira, 1992-94. Membro do padroado da Fundación Unicef Comité Español y presidente del comité de Unicef-Galicia
6.- MARTA ÁLVAREZ-SANTULLANO FERNÁNDEZ-TRIGALES
Licenciada en Dereito. Secretaria de Política Municipal do PsdeG-PSOE en Santiago. Concelleira Delegada de Medio Ambiente e Parques e Xardíns. Delegada de limpeza e cemiterios.
7.- FRANCISCO CANDELA CASTRILLO
Profesor de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Compostela, da que foi xerente. Desempeñou as delegacións das concellerías de Transporte, Turismo e Promoción Económica e Turismo. Delegado do Plan Estratéxico. Tenente de Alcalde.
8.- ROSA M. FERNÁNDEZ SOMOZA
Diplomada Universitaria en Relacións Laborais. Ano 1989. Curso Superior de Relacións Laborais. Ano 1995. Funcionaria de carreira en servizo activo da Escala de Xestión da Universidade de Santiago. Dende o ano 1999 ocupa o posto Xefe do Servizo de Xestión de Persoal na Universidade de Santiago.
9.- XOSÉ ÁNGEL BAQUEIRO CANABAL
Forma parte da Corporación desde 1991. Concelleiro de Festas, Comunicación e Centros Socioculturais e Tenente de Alcalde. Presidente da Comisión da Área Social do Concello de Santiago. No mandato 2003-07 foi concelleiro celegado de Circulación e uso da vía pública. Delegado de Seguridade Cidadá. Delegado de Festas. 5º tenente de alcalde.
10.- GUADALUPE RODRÍGUEZ SILVA
Licenciada en Psicoloxía. Directora do Centro Sociocultural “Aurelio Aguirre” e coordinadora dos Centros Socioculturais da zona sur de Santiago. Presidenta da Asociación de Mulleres Progresistas “Alba”.
11.- CARLOS NIEVES VICENTE
Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais. Membro da Corporación desde 1987. Concelleiro de Réxime Interior, Protección Civil, Tráfico e Seguridade Cidadá e Facenda.
12.- MARÍA DE LOS ÁNGELES GÓMEZ BUGALLO
Administrativa da U.G.T. Secretaria de Acción Electoral do PSdeG-PSOE da agrupación local.
13.- JESUS COUCEIRO BUENO.
Diplomado. Funcionario da Administración Central. Secretario de Organización da Agrupación Local do PSdeG-PSOE.
14.- ROSARIO VALLEDOR PUENTE.
Licenciada en Filoloxía. Traballadora da UXT.
15.- FERNANDO PELETEIRO FERNANDO
Funcionario da Administración Local.
Pechan a lista a doutora Rosario Vázquez López, xerente do Hospital do Barbanza e os exconcelleiros, agora Parlamentarios Galegos, Xaquín Fernández Leiceaga e Luís Toxo Ramallo.

www.psdeg-psoe.org