A Comisión Interdepartamental garantirá os dereitos lingüísticos dos galegos ante a Administración
O titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, presidiu o acto de constitución da Comisión Interdepartamental de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia, un organismo que nace co obxectivo fundamental de “eliminar calquera atranco que se lle poida presentar á cidadanía á hora de usar a lingua galega”. Segundo salientou Emilio Pérez Touriño, con este acto “damos un paso importante, un paso efectivo e necesario no camiño que fará posible o pleno exercicio dos dereitos lingüísticos dos galegos e das galegas perante a Administración da Xunta de Galicia”.
Na súa intervención, o presidente do Executivo galego explicou que a Constitución española, o Estatuto de Autonomía de Galicia e as sucesivas normas legais emanadas da Comunidade Autónoma son as que brindan “as bases políticas e xurídicas para que toda a cidadanía poida exercer en plenitude os seus dereitos lingüísticos”. Non obstante, lembrou que o que “nos compete agora” é “asegurar que eses dereitos poidan facerse efectivos sen atrancos innecesarios, tamén na Administración autonómica e nas relacións que con ela establecen os cidadáns”.
Eliminar atrancos
“Non se trata de impoñerlle a ninguén o uso dunha ou doutra lingua”, aseverou Pérez Touriño, salientando que o que se pretende é que a principal Administración pública galega “actúe coa máxima conformidade aos principios e finalidades para as que foi creada e tamén co máis escrupuloso respecto cara ás leis lingüísticas galegas”.
Neste sentido, Touriño remarcou que a pretensión do Goberno que preside é eliminar calquera atranco que se lle poida presentar á cidadanía á hora de usar a lingua galega. “Este –insistiu- é o principal obxectivo que inspira a creación desta Comisión Interdepartamental da Xunta de Galicia para a Normalización Lingüística”.
Un obxectivo que, segundo remarcou Pérez Touriño, emana da Lei de Normalización Lingüística do ano 1983, un texto que os lexisladores idearon e redactaron tendo en conta unha premisa que era válida entón e que o segue a ser hoxe, vinte e catro anos despois da súa aprobación: “tan importante como a lexitimación dunha lingua é a súa institucionalización, entendida non só como presenza nas institucións, senón tamén como presenza normal, usual e esperable”.
A este respecto, o presidente da Xunta salientou que, durante os anos transcorridos desde que Galicia se constituíu en comunidade autónoma, se fixeron esforzos para que dita institucionalización fose “efectiva” no ámbito da Administración. Sen embargo, Pérez Touriño recoñeceu que estas iniciativas, polo xeral, “adoeceron de escasa planificación e de pouca coordinación, conseguindo só de forma moi tanxencial e fragmentaria os seus obxectivos”.
Deseño de políticas conxuntas
Neste contexto, o máximo mandatario autonómico considerou de grande importancia a creación da Comisión Interdepartamental de Normalización Lingüística, posto que, ao seu xuízo, constitúe “un instrumento moi necesario” posto que vai permitir “o deseño de políticas conxuntas e a implantación harmonizada e progresiva das medidas pertinentes no seo da Administración autonómica”.
Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño indicou que a “guía a seguir” en materia de recuperación lingüística vai ser o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, “un bo texto” e “unha verdadeira folla de ruta” que se caracteriza por ter sido aprobado unanimemente por todas as forzas políticas representadas no Parlamento de Galicia.
Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega
Precisamente este plan é o que establece como unha das principais áreas de actuación dos poderes públicos a relativa á salvagarda dos dereitos lingüísticos dos cidadáns, un campo no que se establecen como principais obxectivos: conseguir que todos os cidadáns coñezan de forma efectiva o seu dereito a se expresaren e a seren atendidos en galego; promover o exercicio do dereito a expresarse e ser atendido en galego; e eliminar calquera atranco no exercicio dese dereito.
Chamamento á implicación
Por último, o titular do Goberno galego referiuse á necesidade de desenvolver, “con urxencia e decisión esta tarefa”, para o que apelou ao compromiso e á colaboración de todos os organismos e departamentos da Xunta de Galicia. Pérez Touriño estendeu este chamamento ao funcionariado e a todo o persoal da Xunta de Galicia, porque, concluíu, “estou convencido de que unicamente co esforzo, coa boa vontade e coa implicación de todos e todas lograremos alcanzar o éxito que agardamos desta necesaria iniciativa que pon en marcha a Secretaría Xeral de Política Lingüística”.
Obxectivos para o 2007
Pola súa banda, a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, referiuse aos dous grandes obxectivos para o ano 2007 asignados á Comisión Interdepartamental. Así, citou a redacción e aprobación dos correspondestes plans de normalización lingüística de cada organismo da administración autonómica así como a aprobación da normativa de usos lingüísticos da Xunta. Co fin de acadar ambos obxectivos, a Xunta a través dos diferentes departamentos vai crear unha comisión executiva encargada de executar o labor de campo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia