Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Asociación de Nais e Pais da Gardeiría Teiraboa convoca a unha asamblea ós veciños do Milladoiro

A ANPA da gardería considera que despois de 7 meses de traballo é necesario revisar as actuacións levadas a cabo pola asociación e polos distintos responsables nesta materia; así como valorar o producto que isto terá na planificación do novo curso. Dada a importancia que para o Milladoiro ten un servizo público de gardería, esta reunión será aberta tanto aos pais dos nenos que actualmente utilizan o centro como aos que o solicitarán o próximo curso, así como aos veciños interesados en coñecer a situación actual da nosa gardería.
Nesta asemblea informativa están convidados a participar tamén Teresa Rey, directora xeral de Familia, Carlos Fernández, alcalde de Ames, Pilar Candocia, concelleira de educación de Ames, e Dolores Viaño, representante das traballadoras.
O acto será mañá, martes 27 de abril, ás 21:00 h na Casa da Cultura do Milladoiro.
Susana Mayo Redondo (Asociación de Nais e Pais da Gardería Teiraboa)