Mañá celebrarase unha grande mobilización estudiantil para demandar o cumprimento do Decreto 247/95
A Mesa pola Normalización Lingüística, Mocidade pola Normalización Lingüística, Comités Abertos de Estudantes e Galiza Nova convocan para mañá unha mobilización de todos e todas as estudantes de secundaria para demandar o cumprimento do Decreto 247/95, que regula as materias mínimas a impartir en galego no ensino non universitario.
Hoxe aínda se celebrarán varias asembleas estudantís onde se debaterá a posíbel participación de máis institutos na mobilización de mañá. Aínda que se conta que cheguen máis adhesións ao longo desta xornada, xa está confirmada a celebración de actos nas sete cidades galegas e nos centros de ensino secundario dos seguintes concellos: A Laracha, A Guarda, A Pobra do Caramiñal, A Rúa, Bande, Betanzos, Boiro, Bueu, Burela, Cambados, Cangas, Carballo, Celanova, Cervo, Curtis, Fene, Guitiriz, Lalín, Marín, Melide, Meis, Moaña, Monforte de Lemos, Narón, O Barco de Valdeorras, O Grove, Oleiros, Pontecaldelas, Ponteceso, Porto do Son, Ribadeo, Ribeira, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Verín e Vilagarcía. Na maioría dos casos celebraranse concentracións simbólicas diante de cada centro, onde se lerá un texto coas reivindicacións da xornada, mais en moitos lugares tamén se realizarán outras actividades que fagan alusión á situación de desgaleguización do ensino (elaboración de murais, maratonas de leitura, etc).
No caso das cidades, as convocatorias son as seguintes:
A Coruña.- No Edificio dos Novos Ministerios (Monelos), ás 12 h.
Lugo.- Diante da Subdelegación do Goberno (Praza Armanyá), ás 11.30 h.
Ourense.- Na Praza Maior, ás 11.30 h.
Pontevedra.- Na Praza da Verdura, ás 12 h.
Santiago de Compostela.- Na Alameda ás 12 h.
Vigo.- Na Praza América, ás 11.30 h.
Ferrol.- Diante do edificio da Xunta (Praza España), ás 11 h.
DEMANDAS ESTUDANTÍS
A mobilización estudantil ten como lema Aos estudantes négannos os nosos dereitos. Queremos ensino en galego. Os convocantes consideran que se están a conculcar dereitos do alumnado de ensino primario e secundario, e recordan que igual que nós temos que cumprir coas nosas obrigas, estudar, aprobar e dar contas, a Xunta de Galiza, a Inspección educativa e o profesorado afectado deben cumprir tamén coas súas.

A Mesa pola Normalización Lingüística + Mocidade pola Normalización Lingüística + Comités Abertos de Estudantes + Galiza Nova