Continúan os obradoiros de sociolingüística no IES Francisco Aguiar

Os obradoiros Máis alá son unha proposta de intervención lúdico-educativa nas aulas. Trátase dunha alternativa de innovación pedagóxica coa que se quere achegar a lingua galega aos adolescentes para fomentar o coñecemento e o respecto pola diversidade cultural e lingüística.
A Concellería desenvolveu xa este mesmo obradoiro ao longo do primeiro trimestre do curso 2006-07 no IES As Mariñas.
A concelleira de Normalización Lingüística, a nacionalista Concepción Valladares Vázquez, indicou que esta iniciativa de intervención social no ámbito da mocidade ten como obxectivo traballar as actitudes negativas que adopta habitualmente a xente nova e que se detallan na publicación da Real Academia Galega O galego segundo a mocidade (2003); esta publicación puxo de relevo que mocidade galega seguía asociando o galego co ruralismo, coa pobreza e coa incultura.
Concepción Valladares Vázquez (Concelleira de Xuventude e Normalización Lingüística Concello de Betanzos)