Rubén Cela inaugura os locais de ensaio para os grupos de música de Betanzos
Estes locais foron sometidos a diversas reformas nos últimos dous anos. Con estes traballos conseguiuse mellorar o confort interior destes recintos e a súa completa insonorización. Estas actuacións foron subvencionadas pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia, que actualmente está creando un rede de locais desta índole nas catro provincias galegas.
Os locais están sendo utilizados na actualidade por diversos grupos betanceiros. Trala inauguración, varios destes grupos ofreceron un concerto gratuíto, organizado pola Asociación de Grupos Musicais Betanceiros e a Concellería de Xuventude e Normalización Lingüística, baixo o nome de Desconcerto ca participación de Lacón Fusión con Grelos, Apaja On, The Incompetents e Stone Eater Flyers.

GABINETE DE PRENSA