Becerreá acolle a segunda proba do Campeonato de España de Enduro

Este evento, organizado por Motoclub Sprint, traerá ó pobo máis de trescentas persoas entre pilotos, navegantes e equipos oficiais. Contaremos coa presencia do actual bicampeón do mundo de enduro, Iván Cervantes, así como outros grandes pilotos que participaron en probas tan emblemática como o Rallye Paris-Dakar. Tamén participarán na proba os pilotos locais Rubén Vázquez, Álvaro Becerra, Saúl Vázquez e Enrique Vega (O Cádavo), que tras acadar bos resultados no Campeonato Galego de Enduro este ano decidiron dar o salto ó campeonato nacional.

I Enduro Concello de Becerreá