The mother’s house e Ainda ha pastores?, gañadores de Play-Doc en longametraxes e curtas
A alta calidade dos documentais que entraron a concurso na terceira edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, é un dos aspectos destacados polo xurado deste ano integrado por Goran Radovanovic, Dominique Abel, Ana Isabel Santos Strindberg, Sebastián Talavera Serrano e Pepe Coira, quen exerceu de presidente do mesmo.
O documental “The mothers’s house” de François Verster foi o gañador na categoría de Longametraxes “pola sutil mirada coa que observa, até conmovernos, unha historia complexa, inzada de ira, odio e tenrura” sinala o xurado. O premio está dotado con 3.000€ e o trofeo de Play-Doc obra do tudense Juan Vázquez. Nesta categoría o xurado concedeu tamén dúas mencións especiais a “An ordinary family” de Fredik Gertten por “abordar un fénomeno clave: a desaparición da clase media” e a “Sisters in law” de Kim Longinoto e Florence Ayisi polo valor de “dar a coñecer un primeiro paso, que era tan urxente de tomar, polo que unhas mulleres acadan a autoridade de xulgar”.
En Curtametraxes o xurado concedeu o premio ex-aequo a “A girl named Kai” de Kai Ling Xue e a “I want to be a pilot” de Diego Quemada-Díez por “saber usar o cine para facer que as dificultades dos outros non nos sexan alleas”. Recibirán cada unha 500€ e o trofeo Play-Doc.
En Atlántico, onde compiten producións galegas e portuguesas, o premio de 2 mil € e trofeo foise para “Ainda ha pastores?” de Jorge Pelícano ao considerar o xurado que é “unha película feita dende o corazón e que gardará memoria dun mundo que desaparece”.
O xurado do festival quixo amais expresar o seu recoñecemento a Play-Doc polo “grao de profesionalidade e compromiso que se atopa no equipo organizador do festival”, engadindo que “eles son responsables do singular ambiente que aquí se respira” e que din “se resume en que o auténtico protagonista do evento é o público”.
No acto de entrega de Premios, celebrado esta tarde no Teatro Municipal de Tui, tamén se outorgaron outros tres galardóns.
O Consorcio Audiovisual de Galicia concedeu a “Bs.As” de Alberte Pagán o premio Foco Galicia para documentais galegos dotado con 2 mil euros.
O Premio Especial TVG consistente no compromiso de compra por parte da Televisión de Galicia dos dereitos de emisión recaiu en “Sisters in law” .
E por último premio Play Avid Doc no que competiron cinco equipos que grabaron durante o festival un documental sobre a fronteira, foise para os irmáns Joaquín e Lautaro Mateo Morales. Play-Doc e Avid POR “Historias de la línea azul”.

Prensa_Play-Doc