Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Alejandro Sanz inicia a súa xira española en Santiago de Compostela

Nos meses de agosto e setembro Alejandro Sanz trae a España a xira de presentación do seu último disco, El tren de los momentos (2006). O Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela é o escenario da primeira entrega dun tour que estará en 21 cidades da xeografía española. Os galegos van ser os primeiros en ver o espectáculo dun dos nosos artistas máis internacionais, que en Latinoamérica conseguiu mobilizar a preto de 90.000 persoas en cada concerto.

Grande éxito no estranxeiro

A xira “El tren de los momentos 2007” comezou o 9 de marzo, en Lima (Perú), e continuou durante estes dous meses por Chile, Arxentina e México, países nos que logrou convocar ata o momento a máis de 300.000 persoas. O (9 de maio), o venres e o sábado ten previsto unha triple cita en Monterrey (México) e despois desplazarase a Puerto Rico, República Dominicana e EE.UU (onde presentará o seu disco en Las Vegas, Miami, Los Ángeles, Washington, Chicago e Nova York, entre outras cidades). O 19 de maio fará unha breve parada na súa xira americana para actuar no festival Valladolid Latino, pero non será ata o 4 de agosto cando poidamos ver a primeira entrega en España do tour de presentación do seu último traballo.

El tren de los momentos

O 7 novembro do 2006 saiu á venda El tren de los momentos. O disco gravouse entre Miami, Bahamas, México e Madrid e contou coa participación de artistas do talle de Juanes, Antonio Carmona, Álex González (de Maná), Shakira e Calle 13. Os seus temas “A la primera persona” e “Te lo agradezco, pero no” xa se sumaron á longa lista de éxitos de Alejandro Sanz.







Chelo Suárez (responsable de Comunicación do Multiusos Fontes do Sar)