Alberto Coya gaña o I Certame de Gaita As Mariñas de Betanzos
A Concellaría de Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Betanzos celebrou o mércores 16 de maio o I Certame de Gaita "As Mariñas de Betanzos" para gaiteiros solistas. Segundo o ditame do xurado, o gañador desta primeira edición foi o gaiteiro Alberto Coya Otero.
Natural de Cangas do Morrazo, o gaiteiro gañador estivo acompañado na percusión por Alberto Costas Comesaña (Vigo, 1976) e Serafín Santos Lemos (Cangas do Morrazo, 1972), que interpretaron a Xota de Forcarei (tradicional; peza para acordeón con arranxos para gaita de Alberto Coya), Prieguiceira (autor: Ernesto Campos; arranxos: Alberto Coya) e Muiñeira de Piadela (autor: o Rilo, gaiteiro homenaxeado no Certame).
Alberto Coya é diplomado en Educación Musical pola Universidade de Vigo e na actualidade estuda Historia e Ciencias da Música na
Universidade de Oviedo.Comezou no mundo da música estudando trompeta aos 10 anos en Cangas. Formou parte dos grupos Mal de Linguas, Foula, Reten Trío e Sons Etéreos. En 2002 comezou a súa andaina como solista co Grupo de Coros e Danzas Dúos Pontes de Pontevedra. Neste mesmo ano comezou tamén a participar en certames: País de Sarria (2003, 1º premio), Concurso de Maquetas da Univ. de Vigo (2003, 1º premio), Constantino Bellón (2004, 1º premio), Certame de Música Tradicional de Santiago de Compostela (2004, 1º premio), Memorial Ricardo Portela (2005, 1º premio), Festival Intercéltico de Lorient (2004, 4º premio).

Concello de Betanzos