Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Concello de Teo debate o nomeamento de Pousa Antelo como fillo adoptivo

O equipo de goberno do concello de Teo leva ó próximo Pleno o nomeamento de Avelino Pousa Antelo como Fillo Adoptivo do Concello de Teo. Un dos puntos da orde do día do próxima sesión plenaria deste mes de agosto será darlle a consideración de Fillo Adoptivo ó Presidente da Fundación Castelao. Pousa Antelo, ten unha vinculación directa con Teo, xa que vive na Urbanización de Os Verxeles, dende o ano 1990, na que mesmo ten un parque co seu nome (1999).

Sen embargo a súa relación con este municipio nace na década dos 70 cando colaborou coa Axencia de Extensión Agraria de Padrón, e deu varias conferencias sobre cooperativismo en parroquias como Luou, Oza, Cacheiras e Calo. Asimismo Avelino é o promotor da homenaxe que se realiza anualmente á Anxel Casal, no lugar de Cacheiras no que foi asesinado o 19 de agosto de 1936.

Os grupos da oposición no concello, “coñecedores dos méritos persoais e profesionais de Avelino son receptivos a este nomeamento e xa teñen coñecemento deste punto” explica Martiño Noriega, alcalde do concello de Teo. “O noso desexo é que esta distinción acade o maior consenso dentro da corporación” continúa Martiño. De sair adiante o nomeamento o acto público de homenaxe levarase a cabo nos próximos meses.

Avelino Pousa Antelo, naceu no 1914 en Barcala-A Coruña, e destaca pola súa traxectoria como agrarista, cooperativista, mestre, xornalista, político e escritor. Dende moi novo afiliouse ás Mocedades Galeguistas, e participo una propaganda do Estatuto de Autonomía de 1936. A súa vida profesional repartiuse entre a ensinanza e o interese polo agrarismo e o cooperativismo. Traballou en Tenerife e Zaragoza como mestre, técnico agrícola e director dunha empresa gandeira. En 1970 voltou a Galicia onde exerceu de profesor en Pontecesures ata a súa xubilación.

Na actualidade preside a Fundación Castelao, é vicepresidente da Fundación Fernández Flórez, así como presidente de honra da Fundación Pedrón de Ouro e vogal da Fundación Alexandre Bóveda. Pousa Antelo recibiu nos últimos anos numerosos recoñecementos á súa traxectoria entre os que destacan a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago (2000), Padriño de Honra da 1ª promoción de Diplomados en Ciencias da Educación da USC (1999), Medalla Castelao (2006), Pendello de Honra (2006) pola Asociación de Amigos dos Pendellos da Agolada e Facho de Ouro (2007) pola Asociación Cultural O Facho de A Coruña.









Departamento de Comunicación do Concello de Teo