Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A tradición lúdica en Ourense

Ao longo da fin de semana, desenvolverán-se diversas actividades no marco dese Congreso que ten como principal obxectivo a criación de redes de comunicación entre os diferentes organismos, federacións e persoas que estén investigando e/ou traballando sobre o particular no noso país.
O Curso dividirá-se en 4 blocos: As mañás do venres 28 e do sábado 29 estarán copadas por ponéncias e comunicacións. Nas tardes, diversos xogos populares encherán distintas prazas do Ourense vello. Xá no serán haberá lugar para un acto paralelo en relación co tema do Congreso (unha proxección cinematográfica, unha xornada de conta-contos e unha mesa redonda). O domingo 30 (ao longo de todo o día), desenvolverá-se –no palao- un Encontro Galaico-Portugués de Xogos Populares.
Entre as persoas que van participar neste Curso atopan-se algúns dos mais prestixiosos especialistas da Península. Tal é o caso do portugués António Cabral ou dos galegos Paco Veiga e Antón Cortizas. Tambén haberá tempo para coñecer o que ocorre con estes xogos no resto da pel de touro ao contar coa presenza do vogal de España na Asociación Europea de Xogos Tradicionais e director do único museo destas características da Península, Fernando Maestro ou do basco Iñaki Carretero; así como dun ponto de vista máis místico sobre as orixes do xogo a cárrego de Manolo González. Entre as comunicacións, destacar a apresentación dos Xogos Náuticos Inter-célticos do Salnés, a recuperación da Porca de Vilar de Santos ou a Liga de Chave Ourensá. Non podemos esquecer a xá confirmada demostración de Birlos ao canteiro a cárrego da Asociación de Riotorto no Encontro do domingo 30.
Outra das intencións deste Curso é o de criar un Foro virtual e un espazo web que sirva para inter-comunicar a todas as persoas, entidades, asociacións, etc... interesadas neste tema etnográfico. O espazo, que xá pode visitar-se –mália non está ao 100 % de funcionamento- é www.xogospopulares.com. En breve, tambén poderá acceder-se por www.jogospopulares.com. O Curso está homologado pola Universidade de Vigo e computa para o programa de Cultura Aberta.

Lois Pardo