Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O presidente da Deputación Provincial de Lugo inicia a rolda de entrevistas cos alcaldes

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, reúnese co alcalde de Lugo, José López Orozco. O máximo responsable da Corporación Provincial inicia co rexedor da localidade máis poboada da provincia, e na que esta ubicada a sede da Deputación, a rolda de contactos cos 67 alcaldes e alcaldesas de toda a provincia.

Esta será a primeira vez, en oito anos, que o alcalde de Lugo vai ser recibido no Pazo Provincial. José Ramón Gómez Besteiro e José López Orozco tentarán desbloquear asuntos pendentes dende hai moito e farán fincapé na necesidade da máxima colaboración entre as dúas institucións por ben da capital da provincia. Á recepción comenzará as 11 e media e están convidados os voceiros dos tres grupos políticos con presenza na Corporación Provincial.

Prioridade para os concellos

O máximo responsable da Deputación tamén se reunirá cos alcaldes de Monforte de Lemos, Serverino Rodríguez, e de Vilalba, Gerardo Criado. O encontro co rexedor monfortino será o martes día 11, e co vilalbés o mércores 12. José Ramón Gómez Besteiro coñecerá así de primeira man a situación destes importantes municipios da provincia de Lugo.

Deste xeito, o Presidente da Deputación inicia con rexedores das tres forzas políticas con maior presenza na provincia lucense a rolda de reunións cos 67 alcaldes e alcaldesas.

José Ramón Gómez Besteiro cumpre así o compromiso que fixo, a través dunha carta personalizada, de recibir ou visitar ós rexedores de toda a provincia. Algunhas entrevistas serán no Pazo Provincial e outras xuntanzas terán lugar nas respectivas Casas Consitoriais dos rexedores.

Para o Presidente da Deputación e o Equipo de Goberno os concellos son prioridade abosoulta neste mandato, polo que José Ramón Gómez Besteiro se adaptará ás preferencias e datas que propoñan os alcaldes e alcaldesas.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo