Touriño di que a Lei de Medidas Urxentes en Vivenda e Solo permitirá mudar radicalmente a oferta
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, remarcou que o anteproxecto de Lei de medidas urxentes en materia de vivenda e solo permitirá “mudar radicalmente a oferta de vivenda protexida na comunidade nos vindeiros anos”. Así o dixo o xefe do Goberno galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, que esta mañá coñeceu un informe das consellerías de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e de Vivenda e Solo sobre o estado de tramitación da norma conxunta.
O xefe do Executivo autonómico confirmou que antes de que remate o ano o Parlamento de Galicia aprobará a Lei de medidas urxentes en materia de vivenda e solo, que ten entre as principais novidades que eleva ata o 40% a porcentaxe de solo que obrigatoriamente deben reservar a vivenda protexida os concellos de máis de 20.000 habtiantes.
O máximo mandatario autonómico lembrou que “a lei anterior, a lexislación vixente, que vén de gobernos anteriores, establecía a porcentaxe do 20%”, mentres que a norma que actualmente se impulsa establece “que non o 20, senón o 40% do solo sexa reservado a vivenda protexida nos concellos de máis de 20.000 habitantes, é dicir nos grandes espazos urbanos”. Nos concellos que non superen esa poboación, a porcentaxe será do 30%.
O xefe do Goberno galego sinalou que a lei estatal do solo recentemente aprobada establece no 30% a porcentaxe de solo obrigatoriamente reservada a vivenda protexida nos concellos de máis de 20.000 habitantes, polo que considerou que a norma autonómica “é unha lei avanzada, que vai moito máis alá do que establece a lexislación do Estado e que deixa como un vestixio histórico a lexislación actual vixente na comunidade autónoma”.
Trátase, incidiu Touriño, “dunha aposta de gran calado e dunha decisión de extraordinaria importancia para xerar solo cuxa finalidade sexa a construción de vivenda a prezo taxado, a prezo protexido”.
Entre as medidas que recolle a futura Lei destacou tamén a que ten que ver co patrimonio municipal de solo, que se nutre do 10% dos aproveitamentos urbanísticos que os promotores inmobiliarios deben ceder aos concellos e que, coa entrada en vigor da nova norma, debe ser destinado nun 50% a vivenda protexida.
Ademáis, remarcou que en virtude da devandita lei, o cinco por cento do solo urbanizable será destinado necesariamente e ofertado exclusivamente para a construción de vivendas en réxime de aluguer ás rendas con máis dificultades e para a xente nova. E por último, que “para os solos urbanizables non delimitados, é dicir, aqueles solos que están lonxe dos cascos urbanos que todavía non están delimitados por zonas de expansión, a reserva de solo para vivenda protexida que determina a lei é do 50%”.
Polo tanto, de acordo co informe ao que hoxe lle deu o visto bo o Consello da Xunta, o presidente galego vaticinou que “máis do 40% do solo que se promova en Galicia, será para facer vivenda a prezo protexido, a prezo asequible para a inmensa maioría dos cidadáns”. “É unha aposta polo tanto extraordinariamente avanzada para abordar un dos temas que máis preocupan ao Goberno da Xunta de Galicia”, remarcou.
Plan sectorial da vivenda protexida
Na súa xuntanza de hoxe, o Consello da Xunta autorizou tamén “o inicio da tramitación para a elaboración do primeiro plan sectorial de solo residencial para vivenda protexida en Galicia”, explicou Emilio Pérez Touriño. Concretou que na Lei de medidas urxentes de ordenación do territorio e protección do litoral se introduciu unha novidade, que ata o momento non era viable: permitir que o Goberno de Galicia poida promover plans sectoriais de interese supramunicipal para a xeración de vivenda protexida. “Igual que existen plans sectoriais supramunicipais por razóns urbanísticas, por exemplo, que nos permite actuar, para a xeración de solo necesario para obras públicas, podemos facer agora plans sectoriais supramunicipais para vivenda protexida”.
Subliñou que este Plan “nos vai permitir planificar, programar nun horizonte de dez anos o solo destinado a vivenda protexida en función da demanda que se prevea en cada zona ou cada territorio de ámbito galego”. Polo tanto, incidiu en que este Plan incluirá o suelo necesario para a proxección e construción de vivenda protexida e as consecuentes infraestruturas e servizos básicos necesarios que van unidos a eses desenvolvementos.
Nese sentido, Touriño remarcou que se trata “dun plan moi importante” e informou de que vai ser o primeiro do Estado que se poña en marcha, pois son poucas as comunidades autónomas que dispoñen da posibilidade legal de facelo e ata o de agora ningunha o fixo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia