Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Fondo Galego aposta pola cooperación con África

Dun total de 49 proxectos presentados foron aprobados 12, dos que 9 son proxectos de cooperación a traveso de ONGDs (146.649,01€) e 3 corresponden a cooperación directa (76.652,48 €), é dicir, con entidades dos países do Sur.
Este ano o esquecido continente africano resultou o máis beneficiado. Para esta área xeográgica aprobáronse 4 proxectos de cooperación indirecta e 1 de cooperación directa (Marrocos, Cabo Verde, Cote d´Ivoire e Etiopía son os países protagonistas). O seguinte destino dos recursos das corporacións galegas será Sudamérica (Bolivia, Brasil, Perú), con 4 proxectos presentados por Ongds da nosa Comunidade Autónoma. Por último cómpre sinalar a Centroamérica e Caribe con tres proxectos (Nicaragua, O Salvador-Honduras-Panamá-Costa Rica, e Cuba).
Os ámbitos de actuación destas iniciativas abranguen dende a construcción de infraestructuras ata a formación e capacitación para o fortalecemento institucional dos gobernos, ademais de educación, a sanidade e o medio ambiente. O Fondo concede unha gran importancia á mellora da gobernabilidade na medida en que dela poden derivarse mellorarse palpables para o conxunto das sociedades de fortalecérense os procesos que auspician unha mellor e mais equitativa distribución da renda.
O Fondo Galego pretende aínda no decurso do presente exercicio formular novos proxectos tanto autofinanciados como en colaboración con instancias autonómicas, estatais e comunitarias.
Igadi