Comezan as probas de selección para cubrir 5 prazas de policías locais en Teo

Aínda que a lista de admitidos para esta selección era de 84 persoas asistiron á primeira proba no CEIP da Ramallosa só 46 persoas. A primeria proba é de carácter obrigatoria e eliminatoria e consitiu nun test de habilidades cognitivas e dous cuestionarios de personalidade. As seguintes probas que se realizarán serán as físicas e están previstas para a semana que vén.
Cruz Devesa (Departamento de Comunicación do Concello de Teo)