O reitor da USC estreita lazos coa Deputación Provincial para melloras no campus de Lugo

Gómez Besteiro destacou o traballo realizado polo seu antecesor, Francisco Cacharro, ó tempo que sinalou que o obxectivo da Deputación é seguir colaborando coa Universidade como se viña facendo ata o de agora “ creo que se fixo unha boa política coa Universidade. Hai que seguir mantendo a alianza estratéxica entre ámbalas dúas institucións”.
O mandatario provincial comprometeuse a que desde a Deputación se realicen os esforzos necesarios para que os universitarios que rematan os seus estudos no Campos lugués queden na provincia para ser “ser cada vez máis prósperos” e resolver así, os problemas educativos que poidan xurdir. Neste senso, Gómez Besteiro, sinalou que é precisamante aquí donde a Universidade xoga un gran papel, para conseguir, engadiu “ que o noso paso pola Administración sexa rendible socialmente”.
Pola súa banda, o Reitor da Universidade de Santiago, logo da xuntanza mantida co Presidente da Deputación, destacou a eficacia do organismo provincial por dar resposta á súa petición de que xunto co Organistrum se lle entregase un CD coa música, a única copia que existe no Centro de Artesanía e Deseño.
Senén Barro, afirmou que logo da reunión “puiden constatar que o Presidente quere seguir apoiando á Universidade e superar o listón deixado pola anterior Corporación provincial”.
Entre os moitos recursos que existen para apoiar a Universidade, o Reitor da USC, sinalou que o apoio da Deputación tamén é unha forma de axudar a todos os galegos e as galegas, reforzando así, o tecido socioeconómico de Galicia. Destacou a conformación do Campus de Lugo , xa que en captación de recursos por investigador de I+D+I ingresa anualmente máis de 6 millóns de euros, o que o convirte nun centro de ensino dinámico e activo por riba do de Santiago.
O Reitor da USC rematou a súa intervención destacando a cordialidade coa que se desenvolveu a xuntanza “sentinme moi agusto e moi ben tratado” deixando entrever que a reunión mantida hoxe entre os dous mandatarios será o principio dunha relación intensa.
Recepción Oficial Libro de Ouro
O Reitor da Universidade foi recibido no Pazo Provincial polo Presidente da Deputación e o Vicepresidente Primeiro, e presentado oficialmente ós voceiros dos grupos políticos provinciais. Senén Barro asinou no Libro de Ouro da Provincia e recibiu como agasallo o Organistrum, unha réplica dun instrumento musical do Pórtico da Gloria restaurado polo Obradoiro de Instrumentos do Centro de Artesanía e Deseño. Este é un dos produtos seleccionados polo CENTRAD para a promoción dos artesáns lucenses.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo