Na loita dos funcionarios do Concello: retirada das sancións xa
Esta adecuacion foi rexeitada polo concello, de feito, o goberno de Paco Vázquez nunca se sentou cos sindicatos para negociar a RPT, mentras aos veciños lle subían os impostos, o prezo do bus, privatizaban servizos, os salarios dos políticos non deixaban de incrementarse; alén de que os créditos doutras partidas aumentaban, menos os salarios do cadro de persoal.
Foise Paco Vázquez, e o seu herdeiro, Losada, a primeira medida que tomou foi “intimidar” e “presionar” aos sindicalistas concentrados na praza de María Pita requerindolles os datos personais, e asinando a RPT con UXT -única central sindical rompeu a unidade de loita-. Ata as eleccións a situación foi a mesma, forzando aos traballadores a manter as mobilizacións, e ó longo da campaña electoral non se falou de arranxar o problema.
Mentras, dende a oposición daquela, o BNG, PP, ... si o fixeron, e o BNG en concreto prometeu que se chegaba ao goberno, o solucionaría. Os traballadores decidiron levantar o campamento que tiñan no Obelisco, coa perspectiva, a “esperanza”, de que a nova coalición de goberno PSOE-BNG lle dera unha solución ó conflito.
Mais unha nova decepción cando, como primeira medida, o novo goberno municipal nomea como Concelleria de Persoal a Obdulia Taboadela, a mesma que dende a Subdelegación do goberno, reprimira as mobilizacións no mes de marzo, facendo que o día 12 a polícia desmontara o campamento do Obelisco, e que cargara contras as traballadoras do Telemarketing en loita contra os despedimentos.... Esta era a provocación do PSOE para arranxar o problema, á súa maneira. E o BNG tragou.
Dende o primeiro momento, Taboadela, cunha grande prepotencia, afirma que non vai ceder, é mais, culpa aos traballadores da situación, mantén as sancións contra bombeiros e policias e tenta criminalizalos, enfrentandoos coa poboación pola situación de mobilización permanente á que os forza a intransixencia do Concello. Unha poboación que xa dera o apoio aos traballadores coa recollida de máis de 20 mil sinaturas no campamento do Obelisco.
A paciencia dos traballadores é infinita, despois de máis de 18 meses de loita, de xuntanzas co concello sen resultado, ante a situación que durante o verán se fai insustentable (entre os sancionados e as baixas por estress, moitos servizos atópanse baixo mínimos), a concelleira presenta unha proposta de mínimos, onde non se toca a RPT, onde a valoración dos postos de traballo “volve a crear tantos ou máis agravios comparativos que antes” según a CIG. Alén diso, a oferta do aumento do salario non se consolida pois faise como un “agasallo complementario”, o que hoxe dou, mañán retíroo, e que os traballadores non verán ata o 2009.
O argumento da concelleira é que non se pode facer, porque non hai diñeiro. Mentras, os salarios dos políticos “profesionais”, suben, mentras, se gastan máis de 3 millóns de euros nun “ascensor” a ningures ou nun tranvía que non vale máis que para os turistas, etc. Non hai diñeiro para os traballadores, máis si para eles e os seus gastos faraónicos.
Ainda asi, os traballadores na asemblea votaron a favor do preacordo de mínimos, coa condición de que foran levantadas as sancións impostas ao longo das mobilizacións. E novamente outra provocacion, a contestacion da concelleira é, “voume de vacacións”, nunha falta de respeto aos traballadores incribel.
A negativa á Relacion de Postos de Traballo ten unhas consecuencias claras, unha perda real de poder adquisitivo dos traballadores ao longo dos últimos anos, nunha situacion de suba constante do custo da vida, das hipotecas, etc., polo que é imprescindibel que o goberno do PSOE-BNG acepten, xa, as propostas dos traballadores e das organizacións sindicais que as apoian e retiren imediatamente os expedientes abertos contra eles.
Facer o contrario é facer política de dereitas, e para iso xa chegan os herdeiros de Paco Vázquez e o PP, non se necesita a ninguén máis. Se as reivindicacións dos funcionarios non son atendidas, o BNG, como organización que se dí de esquerdas, tén que escoller, ou manterse no goberno municipal e ser cómplice dunha concelleira e un alcalde enfrontado aos traballadores, ou sair do goberno municipal. Non hai medias tintas, nin “esixencias” valeiras de contido, que non vaian acompañadas de feitos.
Corrente Vermella apoiará as mobilizacións dos traballadores do Concello pola retirada inmediata dos 56 expedientes, e por unha RPT xusta.

www.corrienteroja.net