A Fiscalía arquiva a denuncia de Adega contra unha construción de Tragsa en Valdoviño
TRAGSA constrúe na Frouxeira (Valdoviño) un edificio en pleno Dominio Público Marítimo-Terrestre. En abril pasado, Costas xa derrubara outro edificio similar na mesma zona por invadir o DPMT, que agora substitúe por este. Ambas actuacións, promovidas pola administración son incompatíbeis coa Lei de Costas. Ante a Denuncia de ADEGA, o fiscal de urbanismo arquivou asdilixencias pola "construcción dun muro en Ferrol" ?? (sic) xa que é "unha actuación desenvolta en solo urbano" !!. Como é que Costas e a xustiza parecen a ignorar a lei?
Este edificio, con cimentación e solados de formigón, sitúase sobre a mesma praia e a apenas dous metros da liña de area branca. Haberá pois que entender que de ningún xeito pode contribuír á millora das condicións ambientais do dominio público marítimo terrestre. A este respeito, elle de aplicación o disposto nos seguintes artigos da Lei 22/88 de Costas: “Artigo 32. 1. Unicamente se poderá permitir a ocupación do dominio público marítimo-terrestre para aquelas actividades ou instalacións que, pola súa natureza, non poidan ter outra situación. 2. A estes efectos, e calquera que sexa o título habilitante da ocupación e a Administración que o outorgue, quedarán expresamente excluídas as utilizacións mencionadas no artigo 25.1, agás as do apartado b), logo de declaración de utilidade pública por Consello de Ministros, e a vertedura de entullos utilizables en recheos, debidamente autorizados.
E se alén disto, temos en conta disposto no artigo 42.2 e 42.3 da citada Lei de Costas: “Artigo 42.2. Cando as actividades proxectadas puidesen producir unha alteración importante do dominio público marítimo-terrestre requirirase ademais unha previa avaliación dos seus efectos sobre este, na forma que se determine regulamentariamente. 3. O proxecto someterase preceptivamente a información pública, salvo que se trate de autorizacións ou de actividades relacionadas coa defensa nacional ou por razóns de seguridade”, parece evidente que este chiringuito non se pode xustificar legalmente.
A maiores, a zona na que se sitúa este edificio en construción posúe ademais as seguintes figuras de protección:
a) Humidal de Importancia internacional –zona RAMSAR- e Zona de Especial proteccións das Aves -ZEPA-
b) Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (Rede Natura 2000)
c) Solo rústico de protección de espazos naturais
d) Solo rústico de protección de costas
Por estar situado en zona de Dominio Público Marítimo-Terrestre, necesita dun trámite previo de información pública e por pertencer a un solo especialmente protexido precisa de autorización ambiental, trámites que non foron satisfeitos.
ADEGA pregúntase como pode ser posíbel que sexa a propia administración a que edifique unha construcción que vulnere a Lei de Costas?. E como pode entenderse que perante a denuncia detallada e documentada de ADEGA, o fiscal de urbanismo arquive as dilixencias cun sorprendente decreto sobre un "muro en Ferrol"?. Como se pode afirmar que a actuación é legal por desenvolverse en solo urbano dacordo co planexamento municipal, se acontece dentro do DPMT?. Dende cando un PXOM prevalece sobre a Lei de Costas?
ADEGA vai poñer estes lamentábeis feitos en coñecemento do Valedor do Povo para que defenda o interés público, fronte ás inexplicábeis actuacións da Demarcación de Costas e da Fiscalía de urbanismo.

Adega