Santiago acolle en outubro o V Encontro Estatal de Mercados Municipais Minoristas
A Consellaría de Innovación e Industria achegará 56.000 euros para a organización do V Encontro Estatal de Mercados Municipais Retallistas que se celebrará o vindeiro mes de outubro en Santiago, segundo anunciou o titular do departamento autonómico, Fernando Blanco, durante o acto de presentación do certame no que tamén participaron o director adxunto da Empresa Nacional de Mercados Centrales de Abastos (Mercasa), Ángel Gil; a directora xeral de Comercio, Ana Rúa, e mailo xefe de área de mercados minoristas, Roberto Alonso.
O V Encontro Estatal de Mercados Municipais Retallistas, que para a súa organización conta cun orzamento total de 140.000 euros, terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia os vindeiros días 29 e 30 de outubro e, segundo anunciou o conselleiro nacionalista, nesta edición celebrarase baixo o lema “Servizo Público e Estratexias Empresariais”.
Entre os relatorios e intervención previstas, cóntase cos mellores expertos profesionais relacionados cos mercados municipais minoristas. Estes expertos presentarán solucións tecnolóxicas e de xestión, contrastadas con proxectos reais e que se desenvolveron recentemente ou están en fase de execución, para conseguir a adaptación dos mercados municipais minoristas ás demandas dos consumidores e á competitividade do comercio.
Para acadar este obxectivo, o encontro toma como punto de partida a necesidade de acometer un conxunto de intervencións de rehabilitación e adaptación destes mercados a un novo deseño comercial, ampliando a súa dotación de servizos, de forma que os novos equipamentos modifiquen a súa xestión, coa introducción de fórmulas equilibradas na explotación e, en definitiva, na calidade de servizo aos consumidores.
En Galiza, atendendo á súa singularidade e á especial significación e protagonismo que teñen as prazas de abastos e mercados municipais minoristas, os organizadores do Encontro creen moi positivo e necesario unir esforzos para revitalizar ese formato comercial. Asemade, tamén resulta fundamental potenciar o comercio nos centros históricos das cidades, onde habitualmente se encontra este tipo de formato comercial, así como naquelas outras zonas das cidades nas que se atopen. Mención destacada require o mercado minorista municipal que poida converterse en elemento dinamizador, vertebrante e potenciador dun centro comercial aberto no casco antigo da cidade, fomentador da vida comercial e social do centro urbano.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia