A USC e a Deputación ratifican o seu compromiso co Campus de Lugo co impulso dunha sede para as Enxeñerías Técnicas en Obras Públicas e en Topografía
Ao respecto, Senén Barro indicou que se deseñarán unhas instalacións acordes coas necesidades actuais das titulacións pero que tamén respondan á adaptación ao Espazo Europeo de Ensino Superior. Pola súa banda, o máximo responsable do organismo provincial manifestou o seu compromiso con estas titulacións e lembrou que a súa consecución foi algo a maiores, polo que se estableceron uns compromisos verbais polos que os costes, edificios e terreos debían ser asumidos pola Deputación e pola Xunta de Galicia. Acto seguido, precisou que estamos na mellor disposición para cumplilos.
O emprazamento das novas instalacións aínda non está decidido, pero segundo Cacharro Pardo en principio pénsase nas proximidades da Avenida de Madrid. En semellantes termos se pronunciou o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, quen manifestou que a ubicación ten que ser nesa zona proque no será estrictamente un centro, xa que hai unha serie de equipamentos que poderán ser aproveitados por outras titulacións. En canto ao coste da nova infraestructura, Herrero indicou que será determinado nun primeiro estudo de necesidades e costes. En calquera caso, o reitor da USC afirmou que se trata dun proxecto ambicioso, xa que se enmarca dentro do que previamente definiu como cabeza dos Campus non centrais das universidades galegas.
Na reunión mantida na sede da Deputación tamén se trataron outras cuestións coma a construcción do edificio que albergue os Servizos Centrais de Apoio á Investigación, que se dotará con equipamentos enormemente custosos e persoal técnico especializado, segúndo Senén Barro. A continuación, o reitor da USC lembrou que no ano 2003 o campus lugués captou seis millóns de euros en proxectos de investigación. Respecto a estas novas instalacións, Carlos Herrero estimou a inversión necesaria nuns cinco millóns de euros financiados con fondos Feder, namentras lembrou que a parcela foi posta a disposición da USC pola Deputación de Lugo.
Este novo edificio ocupará unha posición central no Campus de Lugo entre as Facultades de Veterinaria, de Ciencias e a Escola Politécnica Superior, de xeito que sexa accesible para os seus principais usuarios. O proxecto deste centro de investigación rematará en menos dun mes polo que os máximos responsables da USC confían en que as obras de construción poidan comezar despois do verán.
Finalmente, o encontro tamén foi aproveitado para discutir algunhas cuestións relacionadas coa creación da sede do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), que aínda que leva xa varios anos activo no Campus de Lugo non dispón dunhas instalacións propias.

Gabinete de Comunicación USC