Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

II Concurso de Fotografía Xinzo en imaxes

Coa segunda edición deste concurso o Centro Cultural Xinzo desexa que os participantes aproveiten esta oportunidade para recoller imaxes inéditas de costumes, tradicións, xentes ou paisaxes.
BASES:
REQUISITOS: Os concursantes poderán participar cun máximo de 6 fotografías que se axustarán as seguintes normas:
TEMA: A parroquia de Xinzo: paisaxe, costumes e xentes.
MODALIDADE: Cor, branco e negro en papel fotográfico
TAMAÑO MÍNIMO: 20 x 30 cm.
Non concursarán aquelas fotografías que foran manipuladas tecnicamente ou eticamente censurables.
PRESENTACIÓN: As fotografías adxuntaránse en sobre pechado. No exterior figurará o número de obras presentadas e lema do autor.
Ao dorso de cada foto o título. E tamén acompañaráse un sobre pequeno que dentro conteña: O nome completo do autor, enderezo, número de teléfono e número de DNI.
CALENDARIO: As fotografías entregaránse na Biblioteca do Centro Cultural Xinzo ata o día 30 de xuño de 2004 en horario de luns a venres de 15.30 a 19.30 horas ou ben por correo.
A inauguración, exposición e entrega de premios realizaránse no mes de xullo de 2004.
PREMIOS: Os premios serán os seguintes:1º premio 100 €; 2º premio 70 €; 3º premio 50 €
OBRAS PREMIADAS:As fotografías premiadas quedarán en propiedade do Centro Cultural Xinzo.
XURADO: O xurado estará composto por fotógrafos profesionais e directivos do CCX. A participación neste concurso de fotografía supón a aceptación das presentes bases e faio do xurado.
Roberto Leandrez Represas (Coordenador do CCX)