Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Concello de Teo fomenta o fútbol sala entre os cativos

O Departamento de Deportes organiza unhas xornadas de fútbol sala para os máis pequenos do concello. Dentro deste pequeño campeonato establecéronse dúas categorías, os Cativos, nados no ano 2000 e os Pícaros, nados no 1998 e no 1999.

Os lugares da competición son os pavillóns polideportivos de Calo e os Tilos. As xornadas comezaron o martes con partidos en Calo e rematan mañá venres no pavillón de Calo. O sistema de competición é de todos contra todos dentro de cada categoría. O único requisito que tiñan que cumplir os pequenos para anotarse era ter un combinado, que podía ser mixto, de oito xogadores.

Dende a concellería de Deportes preténdese, con este tipo de iniciativas, comezar a fomentar a práctica e os valores propios do deporte dende pequenos coma a solidaridade e o traballo en equipo. O alcalde de Teo asiste o venres 28 de setembro aos partidos en Calo e participará na clausura das xornadas. Durante o acto faiselle entrega dun pequeno agasallo aos participantes. Os Pícaros de 9 e 8 anos xogan un triangular e os Cativos un partido onde se mesturan os rapaces dos dous equipos.
Cruz Devesa (Departamento de Comunicación do Concello de Teo)