A Asociación Cultural Xábrega, de Ares, crea unha escola de música
A Asociación Cultural Xábrega de Ares crea unha Escola de Música que comezará a funcionar no mes de novembro. A medio prazo este proxecto desembocará na creación dunha Banda de Música.
Con esta iniciativa a Asociación pretende cumprir dous obxectivos fundamentais: fomentar entre a nenez e a mocidade coñecementos de música e que a vila conte cunha agrupación musical propia que chegue a desenvolver un programa fixo de concertos.
O proxecto consiste, nunha primeira etapa, na creación dunha Escola de Música con clases a cargo de profesores titulados nas materias de Musica e Movemento dirixidas a nenos de entre 4 e 8 anos, e Linguaxe Musical e Instrumento para nenos maiores de 9 anos. Os instrumentos son: frauta travesa, clarinete, óboe, saxofón, fagot, trompeta, trompa, trombón, tuba e percusión.
A medio prazo, en canto os alumnos acaden o nivel axeitado, constituirase a Banda de Música propiamente dita, que estará en disposición de iniciar un calendario de concertos.
Xábrega habilitará un local e un teléfono no que os interesados poderán apuntarse. As clases de Música e Movemento custarán 15 € mensuais e as de Linguaxe Musical e Instrumento 20 € mensuais. A matrícula para os socios de Xábrega será de balde, mentres que para os que non sexan socios custará 36 €, o mesmo que a cota anual de socio, polo que animamos aos pais a que un deles se asocie.
Coa creación da Escola-Banda de Música preténdese dar un paso importante e definitivo na presenza musical semiprofesionalizada en Ares, que serva ademais como estímulo para os colectivos implicados: alumnos, pais, espectadores e en xeral os veciños e veciñas de Ares.

Asociación Cultural Xábrega