O melidense Santiago Prado presentou o libro gañador do XII Premio Vicente Risco
Presentouse no Hotel Ruta Xacobea de Santiago de Compostela a obra gañadora do XII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais da que é autor o antropólogo melidense Santiago Prado Conde. O título da obra é Novas minorías nas institucións educativas. O alumnado con procedencia rural na Terra de Melide.
O premio está dotado con 6.000 euros e a publicación da obra por Sotelo Blanco Edicións. O xurado deste galardón, convocado pola Fundación Sotelo Blanco, a Fundación Vicente Risco, o Concello de Allariz e o Concello de Castro Caldelas, coincidiu en que o traballo deste melidense “é excelente” e que conta cunha bibliografía moi actualizada.
Ao acto asistiron a alcaldesa de Melide, Socorro Cea, e a concelleira de Cultura e Normalización Lingüística, Conchi Castro. Dende o Concello de Melide está previsto organizar diferentes actos a finais deste mes para dar a coñecer este importante premio que recae, por primeira vez, nun melidense.
Dicir que Santiago Prado Conde (Melide, 1976) é mestre pola Universidade de Santiago de Compostela, formouse como antropólgo na Universidade do País Vasco e fíxose doutor en antropoloxía pola Universidade de Barcelona. O antropólogo comezou a súa investigación no IES de Melide en 2000 con entrevistas aos profesores e co seguimento a 70 alumnos e ao seu contorno. Foron catro anos de investigación sobre o tema polo que acaba de recibir o Premio Vicente Risco.

Concello de Melide