Teo traballa coa Fundación Amigos de Galicia no reparto de alimentos ás familias desfavorecidas
O departamento de Servizos Sociais do concello de Teo comeza a traballar coa Fundación Amigos de Galicia na atención ás persoas desfavorecidas. A primeira iniciativa conxunta é o reparto de alimentos a un grupo de 19 unidades familiares con un total de 52 membros.
A ONG reparte, a través dos servizos sociais locais, paquetes de alimentos non perecedeiros coma arroz, leite en pó, conservas… Este reparto en principio realizarase cada mes. Dende o concello facilítase a Amigos de Galicia un listado coas persoas beneficiarias das axudas especificando idade, sexo e número de persoas por unidade familiar para que os envíos sexan realizados acorde ás necesidades das familias.
Andrés Fernández, concelleiro de Benestar e Igualdade mantivo unha reunión nas últimas semanas co presidente da Fundación Amigos de Galicia para iniciar vías de colaboración e co que se asinará un convenio. A axuda humanitaria da ONG non se limita a comida e tamén realiza reparto de roupa, que no caso das persoas menores de vinte anos é a estrenar, produtos de hixiene persoal, cadeiras de rodas, etc… O departamento de Servizos Sociais é o que solicitará de xeito puntual e non periódicamente estas axudas para casos de familias moi desfavorecidas.
A Fundación Amigos de Galicia nace hai vinte anos e entre os seus obxectivos destaca axudar ós emigrantes e ós colectivos máis desfavorecidos do país, nenos, mozos, mulleres maltratadas…
Roupeiro municipal
Por outra banda o Roupeiro Municipal que existe no concello deixará de recoller roupa. Segundo explica Andrés Fernández “neste momento temos grandes dificultades para almacenar a roupa que xa nos entregaron e buscarlle unha saída”. Polo tanto ata novo aviso o Roupeiro non funcionará para recibir pero as persoas interesadas en recoller roupa poden facelo os xoves, no edificio do Xulgado na Ramallosa os xoves en horario de 16.00 a 18.00 horas.

Cruz Devesa (Departamento de Comunicación do Concello de Teo)