Pesca cede a varias confrarías bens mobles por valor de 1'8 millóns euros
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos vén de ceder a varias confrarías de pescadores de Galicia bens mobles patrimoniais adscritos a este departamento autonómico cuxo valor ascende a 1,8 millóns de euros. Segundo a Orde do 26 de setembro de 2007, publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia (DOG), con esta cesión outórgase aos pósitos beneficiarios a propiedade dos devanditos equipamentos. A devandita normativa especifica que se os bens non son empregados para o fin correspondente, se son descoidados ou empregados con grave quebrantamento ou se se incumpren as condicións do acordo, estes reverterán á Comunidade Autónoma de Galicia.
En total, o departamento que dirixe Carmen Gallego cederá un total de 44 lotes, a repartir entre 19 confrarías galegas. Entre estes pósitos atópanse Ares, Cariño, Cedeira, Corme, Fisterra, Lira, Lorbé, O Pindo, Palmeira, Porto do Son e Rianxo na provincia de A Coruña. Polo que respecta á provincia pontevedresa recibirán equipamentos os pósitos de Bueu, Cambados, Carril e Moaña, mentres que na costa lucense beneficiaranse as confrarías de Burela, Celeiro, O Vicedo e San Cibrao.
Os equipamentos cedidos son moi variados e inclúen máquinas hidrolimpadoras de auga quente ou fría; carros varadoiros automotrices de izado hidráulico; transpaletas manuais; e máquinas para pintar barcos. Ademais, a Consellería de Pesca doará, entre outros, un sistema automatizado de clasificación, dosificación e envasado de polbo fresco; unha carreta elevadora telescópica; unha unidade controladora de poxa; unha mesa de aceiro para escachado de ourizo; un sistema automatizado de lavado de caixas; elementos de seguridade e vixilancia para diferents portos; contedores; e varias básculas.
Entre os bens referidos cabe destacar o sistema de clasificación, dosificación e envasado de polbo fresco que recibirá a confraría de pescadores de Bueu, que ten un valor próximo aos 415.000 euros, ou os carros varadoiros, cuxo importe ascende a 274.850 euros cada un. Así mesmo, é de resaltar un conxunto de equipos diferenciados e entrelazados mediante cintas transportadoras, para o lavado de caixas de plástico con capacidade de 800 a 1.000 caixas por hora, que acada un valor de 274.084 euros e que será para a confraría de Burela.
Estas cesións de bens mobles patrimoniais propiedade da Consellería de Pesca ás confrarías de pescadores enmárcanse na dinámica habitual, xa que a suxeición destes organismos á administración pesqueira galega permite a doazón de determinados equipamentos para seren destinados polos pósitos a fins de utilidade pública ou interese social.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia