800 nenos da Coruña participan na Campaña de esquí 2008

A Deputación da Coruña pretende con esta campaña que os rapaces da provincia teñan a oportunidade de participar en diversas actividades relacionadas coa práctica do esquí, entre elas un curso de 10 horas de duración impartido por monitores titulados. Os participantes aloxaranse nun hotel de 3 estrelas no casco urbán de Granada e, ademáis de practicar o esquí, terán a oportunidade de realizar visitas a centros de interese como a Alhambra de Granada, o Parque das Ciencias, ou o Sacromonte.
A estación invernal de Sierra Nevada é unha das de maior capacidade de innovación artificial de Europa, conta con capacidade para 45.805 esquiadores por hora e dispón de 86 quilómetros esquiables e 86 pistas balizadas, das que 10 son moi fáciles, 35 fáciles, 35 difíciles e 5 moi difíciles. As instalacións contan ademáis con centro médico na estación, servizo de socorro, farmacia e ambulancia.

Inscrición.
Os interesados en participar deberán presentar no seu concello a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor do solicitante, unha foto de carné, fotocopia do libro de familia e do documento de asistencia sanitaria, xustificante de empadroamento, e unha copia do aboamento da cota de inscrición, que é de 95 €.
Na primeira quenda, que partirá hacia Sierra Nevada o vindeiro día 19 de xaneiro, partirán preto dun centenar de rapaces dos concellos de Oleiros, Bergondo, Cambre, Culleredo, Sada, Arteixo e Carral. O prazo de inscrición para esta quenda abrangue ata o vindeiro 7 de xaneiro.
Os interesados poden descargar a ficha de inscrición e obter máis información sobre a “Campaña de esquí 2008” na páxina web da Deputación www.dicoruna.es.
PROGRAMACIÓN DAS QUENDAS POR DATAS E CONCELLOS
Prensa Diputación Coruña