Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Escrito veciñal ó conselleiro de Política Territorial polo estado actual das obras no tramo de O Caeiro e o sufrimento da parroquia de Meira

Moi Ilustre Conselleiro:
Ata o mes de maio de 2003, o trazado da Vía Rápida do Morrazo, seu paso por Meira, soábanos a algúns veciños e veciñas desta parroquia como a Crónica dunha desfeita anunciada. Hoxe pódese constatar que tal desfeita xa está consumada no Caeiro e na Costa, onde os efectos negativos ocasionados polas obras deste Corredor superan as previsións máis catastrofistas.
Durante anos,desde os colectivos sociais e veciñais,fixéronse propostas para a mellora do trazado proxectado,a todas luces aberrante.Eran propostas serias,avaladas por estudios técnicos e polos grupos políticos; propostas que demandaban solucións consensuadas:xustas, razonables, realizables. Non é este o momento de volver a enumeralas,pois de sobra son coñecidas. Sólo recordarlle a Vde. e ós endiosados técnicos da súa Consellería que, de ter sido estudiadas cun mínimo de atención, evitaríase a situación de pánico e alarma social que se está a vivir entre o vecindario: coa maioría das casas rachadas polas voaduras,cos contínuos fallos no abastecemento de auga á parroquia,co perigo que representa o previsible aumento do caudal nos regatos de Redaguas e Regatáns; en fin,co insulto á intelixencia e á sensibilidade humanas que representan as obras do aterrado do Roufeiro e a destrucción da vareira do Caeiro; esta última convertida nun precipicio que supera os 30 metros de altura, que semella unha ferida sen posibilidade de cicatrizar en toda fronte de Meira.
Todo este absurdo cúmulo de barbaridades puidérase ter evitado se se escoitara a voz do pobo
que, usando o sentido común,de forma pacífica e educada,viu demandando sen descanso O
Corredor por detrás do mirador. Pero Vde,Sr.Conselleiro,e os seus vanidosos enxeñeiros,
preferiron seguir adiante cun trazado imposto,cos únicos argumentos da prepotencia e
da arrogancia,e co apoio das forzas antidisturbios que tomaron a parroquia de Meira co firme
propósito de reprimir e facer calar ás voces discrepantes.De nada serviu o dereito dos cidadáns á libre expresión das súas ideas e opinións,a moverse pacíficamente polo seu monte. De nada serviron as manifestacións, nin as queixas ante o Valedor do pobo;de nada serviron os acordos unánimes do Pleno da Corporación demandando diálogo e consenso;de nada serviron,en fin,as mocións no Parlamento de Galicia,nin as reclamacións ante o Parlamento e a Comisión Europea.
Todo quedou abortado pola intransixencia dunha Administración autonómica,causante da desgracia que lle caeu a Meira e ás familias do Caeiro,e pola actuación desmedida da Garda Civil,con reiteradas ameazas e denuncias ós veciños. Ineptitude e irresponsabilidade destes honorables servidores de pobo,velando polos intereses do Todopoderoso caballero...:¡VIVIR PARA VER!. Xa nos imaxinamos como Vde,Sr.Núñez Feijóo,pasando algún día por Meira,camiño do idílico feudo do Sr.Sotelo,terá bo cuidado en non mirar hacia o Caeiro para evitar problemas de conciencia,ante a vergonzosa secuela de destrucción que,en nome do progreso,deixou nos nosos montes. Claro que, despois dun bo xantar,na compañía de caciques e aduladores,alguén o pode invitar a unha viaxe pola Ría. Inevitablemente divisará a fenda imborrable no monte de Meira,que
conmove ata as conciencias dos máis pasotas. De seguro viralle á memoria aquel panfleto -así o calificaron os seus eficientes técnicos- que elaboraron os colectivos desta parroquia co lema Salvemos o Caeiro. Ninguén no seu sano xuízo pode dudar de que nos quedamos cortos. E toda esta desfeita,toda esta paisaxe de ruína e desolación,para construír unha estrada de doble sentido.¿Tal vez un corredor da morte coma o do Salnés?.En breve plazo quedará colapsada polo tráfico,e teremos que soportar novas obras para a súa ampliación: con máis dinamita,con máis maquinaria,con máis impacto sobre o monte...;con máis perigos para os veciños de Meira.
E o Sr.Conselleiro seguirá visitando ós seus amiguetes do Morrazo.Con eles sentirase orgulloso da súa Vía Rápida de Cangas...;sen reparar no sacrificio do Caeiro,na destrucción paisaxística e medioambiental de Meira.
Víctor Pastoriza (voceiro de colectivos como a Asociación de Veciños Bronlle, a Comunidade de Montes de Meira, a Asociación de Veciños O Arroas, a Asociación de Veciños Samertolameu e a Asociación de Veciños A Xunqueira)