O Valedor do Pobo axiliza o sistema para presentar queixas por internet
Os cidadáns xa poden facer as súas queixas ao Valedor do Pobo a traverso de Internet e só cumprimentando un formulario
disponible na dirección www.valedordopobo.com/como_online/index.php.
O Valedor do Pobo ven de renovar o sistema de queixas en liña e permite aos interesados prantexar as súas cuestións facilitando só datos personais e respostando varias preguntas sobre a
cuestión que lles preocupa, un proceso que non leva máis de dous minutos.
Aparte de solicitar a identidade do reclamante, o DNI e o domicilio, no novo formulario o usuario ten que explicar contra qué órgano da Administración galega, concello ou entidade ou empresa desexa platear a queixa. Ademáis deberá indicar os motivos da mesma, se fixo algunha reclamación previa ou outros datos que considere de interese.
O alto comisionado do Parlamento garante a confidencialidade dos datos recolleitos nos ficheros informatizados e lembra que son confidenciais e que só utilizará as informacións para investigar os motivos da queixa.
Internet convértese deste xeito nunha ferramenta áxil coa que o cidadán se pode dirixir ao Valedor do Pobo, Benigno López. Nembargantes existen outras vías convencionais para canalizar as queixas como é a presencial, acudindo á sede do Valedor na rúa do
Hórreo de Santiago en horario de 9.00 a 14.00; enviando unha carta coa información necesaria; ou por fax atraverso do número 981 572 335.

Gabinete de Prensa do Valedor do Pobo