Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Amarante e Verdegaia unen esforzos para traballar pola sustentabilidade ecolóxica e a loita contra a pobreza

Amarante e Verdegaia asinan un acordo de colaboración a nivel nacional para traballar conxuntamente estratexias para promover un cambio na sociedade galega baseada na sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social.

Vivimos tempos de crise ecolóxica global, aumento das desigualdades e erosión das liberdades, tempos de dominio das empresas transnacionais, de imposición do mercado sobre persoas, pobos e Estados, sobre especies, espazos e biosfera. Todo está á venda ou así se pretende, todo é submetido á procura do beneficio, do lucro, da acumulación de cada vez máis riqueza en cada vez menos maos.

Crise ecolóxica global, pobreza, guerra global permanente, control social... están interrelacionados e teñen causas estruturais cunha mesma orixe: ese industrialismo que hoxe coñecemos en forma de globalización capitalista/neoliberal. Un sistema antropocéntrico, etnocéntrico e patriarcal; curtopracista, produtivista e tecnoentusiasta; ambiental e socialmente devastador; insustentábel e autodestrutivo.

Cumpren cambios globais, estruturais, colectivos… pero tamén locais, parciais, individuais. É necesario mudar hábitos, políticas e regras de xogo e isto só será posíbel con cidadanías fortes, organizadas e sensibilizadas, responsábeis, que pensen globalmente e actúen tanto local como globalmente.

Promover unha transformación social e global baseada na sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social requer cidadanías fortes. Construír unha cidadanía forte implica fuxir do localismo e a atomización; autoorganizarse e tecer redes, nacionais e transnacionais; desenvolver un traballo rigoroso, de cualidade e viábel, que supere o voluntarismo; xerar sinerxías que melloren a capacidade de análise, denuncia, difusión, mobilización, presión e desenvolvimento de alternativas.

Coa sinatura deste acordo de colaboración, ambas organizacións, con idearios próximos e análise da situación semellantes, unha desde a cooperación internacional e a outra dende o ecoloxismo social inician un plan de traballo conxunto no que se aposta pola necesidade de construir unha cidadanía galega concienciada, crítica e independentefuxindodo localismo e a atomización coa finalidade de aumentar a capacidade de traballo, incidencia e presión política.
Club Internacional de Prensa (Xunta de Galicia)