151 centros realizan actividades fóra do horario escolar
As conselleiras de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, e de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e representantes das corporacións municipais de Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago, Lugo, Pontevedra, Ferrol, Vilagarcía de Arousa, Carballo, Ribeira, Monforte de Lemos e Ribadeo; asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento nestes concellos do programa para a apertura de centros fóra do horario escolar. Este acordo permite que 151 centros públicos poidan realizar programas de apoio, habilidades persoais en comedores escolares, e actividades deportivas fóra do horario lectivo, co obxectivo de propiciar unha educación integral do alumnado, fomentando valores como a igualdade, a interculturalidade e a solidariedade. As Consellerías destinan 687.000 euros para esta acción, que se desenvolve durante este curso 2007-2008. Deste total, 515.000 euros serán achegados pola Administración educativa, e 172.000 euros pola Consellería de Cultura.
Deste xeito, as conselleiras de Educación e de Cultura explicaron que o programa de actividades que se desenvolva en cada centro educativo procurará a igualdade de oportunidades e deberá proxectar a acción educativa dos centros ao seu contorno social e fomentar entre o alumnado hábitos saudables e menús equilibrados; favorecer a integración do alumnado, promovendo actividades de carácter lúdico-deportivo, e programas de habilidades persoais dos comedores escolares.
Así mesmo, o programa deberá facer partícipes aos membros da comunidade educativa dun amplo abano de actividades individuais e colectivas, que supoñan retos estimulantes, ampliación do horizonte deportivo e uso do tempo de ocio. A tipoloxía das actividades será de carácter deportivo e de promoción da saúde, procurando hábitos saudables e menús equilibrados, así coma o desenvolvemento das habilidades persoais e de convivencia entre os membros da comunidade educativa.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comprométese a subvencionar o 80% do custo do programa de habilidades persoais e apoio no comedor escolar nos centros participantes, mentres que a Consellería de Cultura e Deporte financiará o 80% do custo das actividades deportivas.
Pola súa banda, os concellos poderán facer uso das instalacións deportivas dos centros participantes no programa que non estean sendo utilizadas, desde as 18,00 ata as 23,00 horas de luns a venres, e tamén os sábados en horario de mañá e tarde, e os domingos en horario de mañá, para o desenvolvemento de competicións deportivas específicas, dando prioridade ao Programa de Deporte en Idade Escolar.
Ademais, os concellos porán a disposición da comunidade educativa os medios precisos para o desenvolvemento das distintas actividades. Para tal fin contarán, cando menos, cun coordinador xeral do programa para o conxunto dos centros participantes.
A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, salientou que este acordo de colaboración constitúe “un exemplo de colaboración entre as Administracións autonómicas e as locais”, e apuntou que o programa xurdiu de xeito experimental en 2006 en Lugo e Pontevedra. Segundo afirmou a máxima responsable do departamento educativo galego, “o éxito” acadado nestes concellos levou ás Consellerías a estender este modelo a 10 novos municipios. Así mesmo, Sánchez Piñón anunciou que en 2008 as Consellerías de Educación e de Cultura emitirán unha orde de convocatoria pública conxunta aberta aos concellos galegos que se queiran acoller a este programa.
Ademais, a conselleira de Educación salientou que esta iniciativa é resultado do traballo impulsado polas dúas Administración autonómicas, co obxectivo de “rendibilizar os recursos existentes”, e “dar respostas ás necesidades da sociedade de conciliar a vida laboral e familiar”. Laura Sánchez Piñón subliñou ademais que o programa constitúe “un recoñecemento ao labor que as asociacións de pais e nais de alumnos veñen realizando no desenvolvemento de actividades extraescolares”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria