Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Galicia centrará su estrategia en Europa en la gestión de los fondos y la cooperación transfronteriza

O secretario xeral de Relacións Exteriores, Julio César Fernández Mato, concretou en Bruxelas as liñas da acción exterior da Xunta de Galicia en Europa, durante a presentación da nova páxina web da Fundación Galicia Europa. O director apoderado da Fundación Galicia Europa puxo o énfase sobre a necesidade de obter o máximo proveito dos fondos comunitarios con vistas ao 2013, ano no que Galicia deixará de recibir financiamento europeo.

Neste senso, Fernández Mato mostrou o seu entusiasmo por reforzar as relacións de cooperación transfronteriza con Portugal, co obxectivo de beneficiarse de forma conxunta. Ademais, expresou o seu interese porque as empresas galegas poidan externalizarse e acadar unha imaxe importante en todo o mundo.

A nova web da Fundación Galicia Europa

Coincidindo coa celebración dos 20 anos da Fundación Galicia Europa, o secretario xeral de Relación Exteriores aproveitou a súa visita a Bruxelas para presentar oficialmente o novo portal. Trátase dun sitio con máis contidos e actualidade así como un sistema de navegación máis sinxelo, que servirá como unha ferramenta eficaz de contacto entre a Fundación e a cidadanía galega.

O renovado portal ofrece un espazo adicado á toda actualidade comunitaria de interese para Galicia a partir do seguimento da FGE en Bruxelas. Ademais, reforza toda a información dirixida á mocidade galega coa publicación da Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais na que se inclúen as axudas que ofrece a propia Fundación.

O sitio tamén quere consolidarse como plataforma de encontro para o sector produtivo galego e todos aqueles interesados na utilización do financiamento europeo a través do desenvolvemento de proxectos. Neste senso, a web presenta diversos recursos útiles como a publicación actualizada das convocatorias europeas, unha base de datos para a busca de socios, ou exemplos doutros proxectos desenvolvidos.

Ademais, o portal inclúe outros elementos que propiciarán unha maior interacción coa cidadanía tales como o foro, a subscrición a un boletín personalizado ou a posibilidade de difusión de proxectos, entre outros.

Axenda do Secretario en Bruxelas

Durante a súa estancia en Bruxelas, Julio César Fernández Mato mantivo encontros con diferentes altos cargos galegos das institucións europeas como Pedro Cervilla, director adxunto do Servizo Xurídico do Comité das Rexións, Julio García Burgués, xefe da unidade da Dirección Xeral de Medio Ambiente e con Angel Carro, xefe da unidade da Dirección Xeral Relacións Exteriores da Comisión Europea.

Tamén aproveitou a ocasión para intercambiar impresións cos conselleiros da Representación Permanente de España ante a UE Miguel Castroviejo, Sagrario Pérez e Manuel García, así como o embaixador de dito organismo ante a UE, Carlos Bastarreche Sagües.

Asimesmo o director apoderado da FGE reuniuse cos eurodiputados galegos así como con Carlos Gómez-Mújica, o Embaixador de España ante Bélxica María Montserrat Momán, conselleira de Cultura da Embaixada.

Gabinete de Comunicación da Secretaría de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia