Reivindicación do papel da educación para acadar unha sociedade máis formada, mellor cualificada, aberta a Europa e comprometida co desenvolvemento socioeconómico
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou que na actualidade Galicia conta cun sistema educativo “que ofrece máis oportunidades, que gañou en cualificación, que progresou en igualdade e que se fixo máis xusto”. Touriño asegura que o Goberno galego actual soubo desenvolver un proxecto en materia de Educación “en consonancia co que demandaba este país”. Ao tempo, o presidente do Goberno galego quixo por en valor o papel da Educación para conformar unha sociedade galega “máis formada e mellor cualificada, aberta a Europa e, sobre todo, comprometida co desenvolvemento económico e social do país”.
Pérez Touriño fixo esta valoración no decurso do acto de inauguración da reforma do Paraninfo do IES Otero Pedrayo de Ourense, no que se investiron máis de 325.000 euros. Nese marco, Touriño puxo en valor a “beleza arquitectónica singular” do lugar e aludiu ás figuras do eido da cultura que realizaron estudos no instituto no que se sitúa o Paraninfo, entre eles o “núcleo vivo e verdadeiro da Xeración Nós”. “Foi escenario de pensamento ilustre de grandes mestres galegos como Julián Besteiro, Ramón Otero Pedrayo, Marcelo Macías, Rodríguez Bouzo ou Jesús Soria”, significou Touriño “e tamén o berce cultural de prestixiosos alumnos que, seguindo os pasos dos seus mestres teceron unha traxectoria cultural salientable como Vicente Martínez Risco, Luís González Seara, Carlos Casares, Alfredo Conde ou José Ángel Valente”. Tamén destacou o presidente que o IES Otero Pedrayo foi o lugar de estudos onde persoeiros do mundo da política como Alfredo Suárez Canal, conselleiro do Medio Rural, e Elena Espinosa, ministra de Agricultura.
Recoñecer a valentía e dignidade dos represaliados
Paralelamente, Emilio Pérez Touriño indicou que o Paraninfo do IES Otero Pedrayo, xunto aos seus “momentos de gloria” que serviron para construír “coñecemento” e “futuro” foi marco de “episodios escuros onde a sombra eclipsou a brillante traxectoria pola paz e a vida que caracterizaba a esta institución”. Segundo sinalou Touriño, “a Guerra Civil e os primeiros anos da posguerra romperon a digna actividade que se levaba a cabo neste espazo cultural, pervertido impunemente, aldraxado e empregado como sede de xuízos sumarísimos naquela época”. O titular do Goberno galego engadiu que está época estivo chea de “momentos de desprezo, de medo e de represión” que hoxe “lembramos para dignificar a memoria das vítimas”. Neste sentido, indicou que a Lei da Memoria Histórica “axúdanos a interpretar estes escuros episodios e a recoñecer a dignidade, a valentía e a forza dos que foron represaliados e perseguidos inxustamente”.
Espírito do Paraninfo
O titular do Goberno galego afirmou que agora, coa reforma desenvolvida, o “espírito do Paraninfo está de novo entre nós, e os galegos temos a oportunidade de seguir escribindo a súa historia”. “Dos protagonistas do Paraninfo no pasado século herdamos o interese polo coñecemento, a defensa da nosa cultura e o valor para situar Galicia na cúpula do progreso”, afirmou Pérez Touriño quen, sinalou ademais, que”o progreso segue a xerarse, necesariamente, desde a base da Educación”.
“Hoxe o panorama histórico que vive o Paraninfo e que lle agarda nesta nova etapa que empeza é optimista e ten forza suficiente para seguir adiante, debuxando o futuro de Galicia”, aseverou Touriño. “Os mestre e alumnos que lle deron vida durante anos ao IES Otero Pedrayo nos seus inicios foron quen de sentar as bases para o avance da pedagoxía en Galicia e para a construción dunha experiencia educativa moderna. E hoxe, ao redor deste acto, tamén queremos recuperar e por en valor esa herdanza”, engadiu.
Xunto a isto, o máximo mandatario autonómico lembrou que se como xefe do Goberno autonómico comprometeuse a situar a política educativa galega “en converxencia cos modelos máis vangardistas” e, segundo sinalou, as melloras neste eido xa se perciben no sistema educativo de Galicia, onde se fixo unha notable aposta por garantir a “calidade” e a “excelencia” da formación e por desenvolver os principios de “igualdade de oportunidades e equidade”.
Valores educativos
Pola súa banda, a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, destacou que “hoxe cremos firmemente nunca educación en valores, que centran os obxectivos das actuais leis educativas”. Así, Sánchez Piñón sinalou que “a propia Lei Orgánica de Educación ten en conta aquelas primeiras teorías pedagóxicas dos mestres da República; un patrimonio que queremos transmitir aos máis novos porque significa apostar polo futuro”. A titular da Consellería de Educación salientou que “esa mesma lei que encheu de innovación, visión de futuro e entendemento ao noso sistema educativo recolle que a actividade docente recae, en última instancia, no profesorado, sen o cal non é posible levar a bo porto os obxectivos da educación”, “un profesorado que non sempre viu recoñecido o seu traballo pola sociedade e que merece máis que nunca a valoración social do feito educativo”.
Por último, a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria salientou que a reforma do Paraninfo do IES Otero Pedrayo “é un símbolo do noso compromiso co ensino, é un símbolo da nosa aposta por unha educación na que poñemos as nosas esperanzas de progreso”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia