A Xunta convocará un concurso de traslados para a escala de veterinarios
A Xunta ten comunicado ás organizacións sindicais a súa intención de convocar un concurso de traslados para a escala de veterinarios, cuxas bases están en elaboración para a súa remisión ás devanditas organizacións e aos centros de administración afectados. Neste concurso ofertarase, tal e como se vén facendo en todos os concursos da Administración, a totalidade das prazas vacantes definidas para a escala de veterinarios, compartida ou non con outras escalas ou titulacións.
Así o explicou na Comisión 1ª o director xeral de Calidade e Avaliación de Políticas Públicas, Juan Gómez Romero, quen substituíu á directora xeral de Función Pública, que non puido acudir ao Parlamento. En resposta a unha pregunta sobre as actuacións previstas para solucionar a problemática derivada das sentenzas ditadas polo Tribunal Constitucional de readmisión e indemnización a 126 veterinarios, lembrou que dende os anos 1996-97, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes realizaba anualmente campañas de saneamento gandeiro, para o que utilizaba equipos de dous veterinarios -á fronte dos cales había un veterinario coordinador- aos que a Xunta facilitaba roupa de traballo, material e o laboratorio onde realizaban as probas.
Segundo relatou, en 2000 a entón Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria anunciou a contratación polo sistema de procedemento negociado dos traballos específicos e concretos non habituais para a realización destas campañas, cun prazo de execución -prorrogable- ata finais de 2001, polo que se contrataron veterinarios para este traballo. No ano 2000, este colectivo denunciou a súa situación ante a Inspección de Traballo, que entendeu que a súa relación era de natureza laboral, levantando actas de liquidación que foron confirmadas na súa totalidade en vía administrativa.
En decembro de 2001 foron despedidos pola Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural os veterinarios que viñan prestando nas catro provincias servizos para a realización das campañas de saneamento gandeiro. En xaneiro de 2002, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou parcialmente a demanda de conflito colectivo interposta pola CIG, declarando laboral a relación de todos os veterinarios contratados pola Xunta. Nese mesmo ano, os veterinarios despedidos interpuxeron demandas en xulgados do Social da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo, e estes ditaron sentenzas declarando en todos os casos a nulidade dos despedimentos.
O director xeral lembrou que contra as sentenzas se interpuxo un recurso de suplicación pola Xunta, e o TSXG declarou a improcedencia dos despedimentos. En execución desta, a Consellería optou polo despido con abono das indemnizacións correspondentes aos veterinarios afectados. Estes interpuxeron recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional contra cada unha das sentenzas ditadas polo TSXG, e o Constitucional ditou sentenzas estimando os recursos de amparo en relación aos veterinarios das provincias de Ourense, Lugo e A Coruña. Como consecuencia, o TSXG ditou sentenzas confirmando as ditadas polos xulgados do Social da Coruña, Lugo e Ourense en 2002, declarando a nulidade do despedimento dos veterinarios e condenando á Xunta ao pago dos salarios de tramitación.
En execución destas sentenzas, en setembro de 2006 procedeuse á readmisión dos 109 veterinarios afectados -47 da Coruña, 46 de Lugo e 16 de Ourense- e ao pago dos salarios de tramitación correspondentes ás retribucións entre os meses de setembro e decembro de 2006. A mesma solución aplicouse aos 17 veterinarios de Pontevedra, ao concorrer feitos e circunstancias idénticos, que facían previsible que as sentenzas que se ditasen fosen semellantes.
Así mesmo, Gómez Romero indicou que no DOG de 30 de decembro de 2004 se publicou unha orde pola que se convocaba o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios. O numero de prazas a cobertura era de 258 (65 para promoción interna e 193 de acceso libre), polo procedemento de concurso-oposición. Nas bases se establecía que “aos aspirantes con contrato laboral temporal que realizasen na Administración da Xunta funcións propias da escala de veterinarios se lles valorarán os servizos prestados correspondentes ao grupo I do convenio colectivo único da Xunta, con funcións propias da escala de veterinarios”.
Celebrados os exercicios e feitas públicas as puntuacións obtidas polos aspirantes, procedeuse ao nomeamento como funcionarios dos aspirantes que superaron o proceso selectivo. Así, dentro do mes seguinte á publicación desa Orde, os incluídos nesa relación tomaron posesión con destino provisional. Sen embargo, varios aspirantes interpuxeron recursos conteciosos-administrativos contra a resolución do tribunal pola que se publicaron as puntuacións definitivas da fase de concurso, xa que estimaban que se lles debía valorar o tempo de prestación de servizos como campañistas, xa que se trataba dunha relación laboral temporal recollida como mérito na convocatoria.
O TSXG ditou sentenzas declarando a vulneración do dereito dos recorrentes a acceder en condicións de igualdade á Función Pública, anulando a resolución impugnada e recoñecendo o dereito dos aspirantes a que lles foran valorados como mérito os meses nos que traballaran como veterinarios nas campañas de saneamento gandeiro dende 1987. Así, ata o momento actual foron comunicadas á Dirección Xeral da Función Pública 42 sentenzas recaídas nos procesos especiais de protección de dereitos fundamentais e 68 correspondentes os procedementos ordinarios, vía na que aínda están pendentes de ditar sentenza algúns procesos.
A Dirección Xeral optou por non recorrer en casación ningunha das sentenzas para evitar alongar máis un proceso xa moi complicado e con altos custos para a Administración autonómica, explicou Gómez Romero. Por iso, valorando que se trata dun proceso de concorrencia competitiva -onde a puntuación dun aspirante incide na situación dos outros-, solicitou da sala a dilación na execución ata que non se resolvesen os procesos pendentes, criterio que non foi rexeitado ata decembro de 2007. Nesta data comunicouse á Administración que procedese á execución das sentenzas dos procesos especiais de protección de dereitos fundamentais, mediante a publicación das novas puntuacións definitivas correspondentes á fase de concurso nun prazo máximo de dous meses.
Posteriormente foron chegando outras resolucións de execucións nos mesmos termos correspondentes a procesos ordinarios, aínda que, segundo afirmou Juan Gómez, seguen estando pendentes de ditar sentenza un número de procesos que a Xunta non pode cuantificar. A Dirección Xeral de Función Pública convocou ao tribunal que xulgou o proceso selectivo e deulle traslado das sentenzas e da resolución de execución das mesmas para que procedese á rebaremación coa nova clasificación definitiva da fase de concurso, o que complicou aínda máis a situación, xa que cada nova sentenza dá lugar a un cambio na rebaremación e a unha nova publicación de puntuacións.
“É difícil comprender como se puido chegar a unha situación como a que se dá no colectivo de veterinarios, e non só polas consecuencias que este proceso ten, senón polo que foi o seu tratamento no ámbito da Administración autonómica” –observou o director- “Esta situación, confusa e conflitiva, afunde as súas raíces no non cumprimento da lexislación, adoptando solucións políticas máis que xurídicas, e lévanos a unha xudicialización dos temas que afectan a este colectivo”.
Respecto ao remate do proceso selectivo de 2005, indicou que é necesaria unha negociación que teña en conta os intereses de todas as partes afectadas e os faga compatibles co cumprimento estrito da legalidade que debe presidir a actuación da Administración pública. Por parte da Dirección Xeral de Función Pública, asegurou, sempre se manifestou “a intención de concluír este proceso da maneira menos lesiva posible, facendo explícita a vontade de diálogo a e dificultade de calquera solución e ofrecendo como primeira mostra desta vontade a non continuación dun proceso xudicial que solo serviría para demorar no tempo o problema”.
Consolidación de emprego
Doutra banda, Juan Gómez Romero tamén respondeu a unha pregunta sobre as previsións referentes á convocatoria do concurso de traslados e á toma de posesión do novo persoal laboral fixo seleccionado na OPE de 2005, así como á realización dos procesos de consolidación de emprego previstos na modificación aprobada da Lei da Función Pública de Galicia.
Neste sentido, indicou que ao longo de 2007 se desenvolveron a práctica totalidade dos procesos selectivos correspondentes á oferta do 2005, pola que se convocaron 1064 prazas en 23 categorías e que no momento actual hai 1.763 vacantes nas categorías convocadas na devandita oferta.
Segundo dixo, o convenio colectivo non establece a obrigatoriedade do concurso de traslados con carácter previo á oferta de destino aos laborais fixos de novo ingreso, aínda que sexa costume na administración ofertar aos novos aspirantes as prazas vacantes do último concurso. Nestes momentos, explicou, isto está sendo obxecto de negociación entre a Xunta e os sindicatos con representación no persoal laboral da Administración, e a Dirección Xeral da Función Pública comprometeuse a dispor para a vindeira reunión dos datos de numero de vacantes resultantes do concurso anterior para cada unha das categorías que foron ofertadas na OPE de 2005.
Tamén relatou que o proceso de consolidación de emprego está a ser obxecto de negociación entre a Administración e os sindicatos, establecendo os principios xerais; o ámbito de aplicación; as características das prazas e as súas condicións de inclusión nas OPEs; os criterios xerais para a realización dos procesos selectivos; e os plans de promoción interna para persoal funcionario e laboral. Así mesmo, no ámbito desa negociación se está a discutir o concurso de traslados determinándose nela o momento da súa convocatoria e as características da mesma.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia