Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Chega a Ourense a campaña Vive los ríos del Norte

Con motivo da chegada a Ourense da exposición “Vive los ríos del Norte” incluida na campaña do Ministerio de Medio Ambiente, “Un compromiso coa auga”, a Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza un ciclo de representacións teatrais en colexios da cidade para concienciar ós nenos da importancia de aforrar auga. A concelleira de Educación, Ana Garrido, asiste o mércores, día 20 de febreiro á representación que terá lugar ás 10:00 horas no CEIP Prácticas para alumnos de 5º e 6º curso de Primaria.

O espectáculo, cun formato interactivo espontáneo, fresco e arriscado, propio das representacións a pé da rúa, tratará de transmitir ó público dun xeito ameno e sinxelo unha serie de actitudes e comportamentos respecto á importancia do aforro de auga. Mediante narracións curtas e sketches, a representación chama a atención sobre a responsabilidade de todos á hora de xestionar o consumo da augua dispoñible. Cada alumno recibirá un agasallo (un imán co lema e o boneco da exposición)

Serán un total de 7 representacións teatrais, de media hora de duración, nas que participarán uns 430 alumnos/as de Educación Primaria.

A Concellería de Educación colabora tamén con esta exposición facendo difusión da mesma ás asociacións de nais e pais dos centros escolares da cidade para realizar visitas guiadas en horario extraescolar.
Gabinete de Prensa del Concello de Ourense