O soño dunha sombra reflexiona sobre a representación do corpo na publicidade e na TV
O xoves 27 de marzo ás 21 horas inaugúrase a exposición fotográfica O soño dunha sombra. As fotografías de Javier Ramos que compoñen o traballo producido polo grupo 4 37, plantexan unha reflexión sobre o problema do corpo e a forma en que é representado pola publicidade e a televisión.
A obra exponse no Café Bonche, sito en Rosalía de Castro 128, en Santiago. É a primeira vez, que este local acolle un acto de estas características. A inauguración abriráse ao público é será presentada polo recoñecido fotógrafo, escritor e profesor da USC, Vitor Vaqueiro.
A exposición foi producida por 4 37, un grupo de producción integral de deseños en sonido, papeis e pantallas formado por Manuel Carballada, Gumer Freire, Marcos Pazos, Raquel Vilas e Javier Ramos.
4 37 firmou a súa primeira banda sonora en outubro de 2007, a do programa Perfecto, Imperfecto. Este programa emitiráse en breve por Correo TV. Nel, presentaron tamén a súa primeira curtametraxe experimental, Burros Salvaxes. Agora debutan no campo da fotografía, con este traballo que quere atraer tódalas miradas preocupadas en torno ao corpo e a súa significación.

4 37