Degustación de capón pola Cofradía do capón de Vilalba
A Cofradía del Capón de Villalba que preside o avogado vilalbés en Madrid, Domingo Goás Chao, celebrou unha das súas degustacións na capital lucense, á que asistiron unha vintena de destacados lucenses da política, avogacía, medios de comunicación e empresa.A degustación tivo lugar no restaurante Mesón de Alberto, correndo o menú a cargo do cociñeiro Alberto García, que preparou o exquisito capón vilalbés ó xeito tradicional e ó seu propio estilo nun prato de creación que foi loubado por todos os asistentes.
No mesmo acto, o avogado vilalbés Domingo Goás, colocou a banda de cofrade maior a Alberto García.
A "Cofradía del capón de Villalba" é unha asociación sen fin de lucro, creada polo avogado vilalbés co fin de divulgar as excelencias deste prestixioso manxar, que se en tempos estaba reservado exclusivamente para o tempo do Nadal, as técnicas actuais de conservación permiten o seu consumo durante todo o ano. É propósito do rector da Cofradía facer diversas degustacións en A Coruña, Pontevedra, Madrid, así como de novo na capital da provincia de Lugo.Fotografías: Fernando Rey.
Cofradía del capón de Vilalba
