Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Disque Danza presenta no Teatro Municipal de Tui a obra Menú Vexetal

O Teatro Municipal de Tui acolle o venres 4 de abril, ás 20h, un espectáculo de danza-textual, Menu Vexetal, a cargo da compañía viguesa Disque Danza. A obra Menu Vexetal, escrita por Paula Carballeira, está dirixida por Carmela Bueno e Alfredo Rodríguez. Sobre o escenario estarán catro bailarinas: Carmela Bueno, Olivia Maté, Leticia Alfaya e Olga Cameselle e unha actriz Nuria Guillón para, ao longo de 55 minutos, entreter ao público cun espectáculo no que convidan a mesturar sabores imposibles.

Parten do cor verde para demostrar que está cheo de maxia e misterio, incluso cando se trata de comida, e levan aos nenos e maiores a un percorrido por un mundo no que todo é posible. O vestiario foi feito por La Canalla e a escenografía corresponde a Javier Bello e Roberto Collantes.

As entradas poranse á venda o venres ás 16.30h ao prezo de 3,5€, 2,5€ con desconto e 2€ os menores de 12 anos. A obra está recomendada a partir dos cinco anos.

Disque Danza con “Menu Vexetal”
Data: Venres 4 de abril ás 20h
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Prezos: 3,5€ - 2,5€ con desconto – 2€ os menores de 12 anos
Recomendada: A partir de 5 anos

Gabinete de Prensa da Concellería de Cultura, Persoal e Facenda do Concello de Tui