Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Biblioteca Provincial de Lugo rexistrou 24.073 usuarios en marzo

24.073 usuarios tivo a Biblioteca Pública Provincial de Lugo (Biblioteca Nodal), no decurso do pasado mes de marzo. 4.678 utilizaron o servicio de publicacións periódicas oficiais; 3.098 accederon á Hemeroteca; 3.215 á Sala de Referencia (Grandes obras, non prestables); 4.679 á Sala de Préstamo de Adultos; 6 á Sala de medios audiovisuais; 3.109 á Sala Infantil-Xuvenil; 1.252 efectuaron consultas sobre administración e funcionamento do centro e 4.036 utilizaron o acceso gratuíto a Internet (3.721 adultos e 315 nenos/as).

18.687 obras foron solicitadas en préstamo, das que 3.059 corresponderon a préstamo en sala e 15.628 a préstamo a domicilio.

En canto a préstamo en Sala, 524 corresponderon á Hemeroteca, 599
á Sala de Referencia (372 en castelán e 222 en galego), 6 a Sala de Medios audiovisuais e 1.930 a Sala Infantil-Xuvenil (1.310 en castelán e 620 en galego).

Con respecto ás obras retiradas en préstamo a domicilio, 11.032
corresponderon á Sala de Préstamo-Adultos, máis 915 renovacións; e 3.595 á Sala Infantil-Xuvenil máis 86 renovacións.

Titulos máis solicitados por orde de preferencia Fondo Bibliográfico en galego

1.- ARRAIANOS (Xosé Luis Méndez Ferrín)
2.- VENTO FERIDO (Carlos Casares)
3.- LONGA NOITE DE PEDRA (Celso Emilio Ferreiro)
4.- TARTARUGA (Xaquín Marín)
5.- O DRAGÓN VOADOR (Anxo Fariña)

Fondo Bibliográfico Adultos

1.- LA CATEDRAL DEL MAR (Ildefonso Falcones)
2.- UN MUNDO SIN FIN (Ken Follett
3..- LA MAZMORRA (Joann Sfar)
4.- SOY TODA TUYA (Susan Andersen)
5.- NIDO VACÍO (Alicia Giménez Bartlett)

Fondo Bibliográfico Infantil

1.- EL AMOR ES COMO EL QUESO (Gerónimo Stilton)
2.- EL DINOSAURIO SALVAJE (Knister)
3.- ¡A VESTIRSE! (Jordi Induráin Pons)
4.- AMBICIÓN SECRETA (Cindy Jefferies)
5.- BUSCA Y ENCUENTRA (Thierry Laval)
Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia