O Concello de Antas de Ulla promove o proxecto Granxa Familiar
GranxaFamiliar.com é un sistema de xestión de información dixital para a comercialización de produtos agrarios de orixe familiar.
A finalidade do proxecto é impulsar e difundir a utilización das Novas Tecnoloxías da Comunicación e da Información no medio rural galego, co fin de valorar a calidade de vida e por en valor a cultura rural, establecer canles de comunicación entre o mundo rural, establecer canles de comunicación entre o mundo rural e urbano, incluír no mercado a produción tradicional de autoconsumo das explotacións agrarias familiares e promover a difusión das Novas Tecnoloxías como ferramentas de intervención social fronte ó fenómeno de exclusión social coñecido como “Fenda Dixital”.
Trátase de establecer unha ponte de comunicación entre produtores e compradores co fin de evitar as comisións das empresas intermediarias, dirixindo as rendas en beneficio de ambos.
Para levar a cabo o proxecto Granxa Familiar, asinouse un convenio entre: Universidade de Santiago de Compostela e os Concellos de Antas de Ulla e Brión. O proxecto está coordinado polo Grupo de investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela (GIS-T IDEGA).

Concello de Antas de Ulla